O CCG fará unha reflexión estratéxica sobre a cultura galega

O Consello inicia un proceso que se reflectirá nun documento o vindeiro mes de xullo

12/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Reflexión estratéxica sobre a cultura galega é o título do proxecto que inicia hoxe o Consello da Cultura. Como o seu propio nome indica, a iniciativa pretende analizar desde unha perspectiva ampla a relación entre sociedade e cultura e as posiblidades desta como motor de desenvolvemento. A análise, coordinada por Xosé López, organizarase en cinco áreas: Galicia como comunidade cultural, Cultura e mercado, Gobernanza cultural, Proxección exterior e mais Institucións e Entidades Culturais. Cada un destes apartados contará coa participación de destacados especialistas nestes ámbitos. Ademais, a reflexión estará aberta ao conxunto da sociedade mediante un web específico. No vindeiro mes de xullo presentarase un documento cos resultados destes proceso, que quere facilitar a formación dun "pacto cultural" entre os principais actores e institucións do sector.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

01/06/2010

Pensando en cultura

O Consello da Cultura inicia o proceso da súa Reflexión Estratéxica sobre a Cultura Galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega

Claves