Pensando en cultura

O Consello da Cultura inicia o proceso da súa Reflexión Estratéxica sobre a Cultura Galega

1/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Unha reflexión estratéxica sobre a nosa cultura. Esta é a ambiciosa aposta que fai o Consello da Cultura Galega para 2010. Cun relatorio de Arturo Rodríguez Morató sobre política culturais comeza o primeiro dos cinco foros de debate cos que esta institución quere fornecer un marco de interpretación para a nosa realidade cultural. Entre cousas cuestións, o proceso pretende facilitar a planificación dos organismos públicos, potenciar a reflexividade do propio mundo cultural e favorecer a conciencia social sobre a importancia cultura e as súas posibilidades. Xosé López, coordinador esta inciativa, explícanos como se vai desenvolver o proxecto, que estará aberto á participación do público.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)