Expertos do ámbito cultural inciden na importancia da cooperación

Son algunhas das conclusións do segundo dos “Foros de reflexión estratéxica sobre a cultura galega”

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Asociacións, fundacións e demais sociedades sen ánimo de lucro que non pertenzan nin á Administración nin ao mundo empresarial eran o obxecto de análise no segundo dos “Foros de reflexión estratéxica sobre a cultura galega” (organizado polo Consello da Cultura Galega). Os asistentes coincidiron na importancia da cooperación entre as entidades en todos os ámbitos de traballo que redundarán na fortaleza do tecido cultural. No foro tamén se destacou a importancia de que houbera a vontade dun espazo autónomo onde a sociedade civil estivera representado, ao tempo que se falou dunha maior transparencia da administracións públicas no que atende as súas actuacións relativos á cultura. O seguinte foro de reflexión abordará as relacións entre cultura e mercado (xoves 22 de xuño).

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Pensando en cultura

Pensando en cultura

O Consello da Cultura inicia o proceso da súa Reflexión Estratéxica sobre a Cultura Galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos