A Asociación de Músicos ao Vivo (MAV) celebra este ano o seu décimo aniversario de existencia con máis de 500 asociados e organizando a quinta edición dos Premios Martín Códax da Música que son a referencia en canto a recoñecementos musicais na escena galega. Ademais este ano a asociación ven de crear unha cooperativa propia que facilite aos artistas o proceso de facturación e protección social no desenvolvemento profesional do seu traballo en concertos e festivais. A falta duns días para a celebración da gala de entrega dos premios e da presentación dunha nova directiva, falamos con Ramón Bermejo, voceiro de MAV para coñecer a situación do sector e as posturas da asociación en temas de actualidade e no estado xeral de saúde da escena musical.
Cultura Galega (CG): A Asociación de Músicos ao Vivo (MAV) fai o seu décimo aniversario neste ano 2018, ¿Como se valora a traxectoria e o acadado ata agora?
O valoramos moito, porque conseguimos manternos e conseguimos facer unha asociación que hoxe en día xa é sólida, creo que é primeira vez na historia de Galicia quese consigue facer unha asociación que reúne a todos os estilos musicais e consegue levar adiante un proxecto de asociación tan sólido. Estamos sobre os 500 socios neste momento. A nivel práctico creo que os logros conseguidos, non sendo os que evidentemente desexariamos, foron moitos e cada vez máis importantes. Unha asociación cada vez máis ambiciosa que conseguiu espertar o interese nun colectivo tan estraño e heterodoxo como este, en asociarse, en que a xente vexa que vale a pena realmente, que se sinta dentro do colectivo dos músicos.
CG:¿Retos de futuro?
Os retos de futuro agora son os mesmos cos que naceu, que son dignificar a profesión, mellorar as condicións laborais dos músicos que viven de tocar ao vivo. Conseguir crear circuítos para desenvolver a actividade musical; conseguir, unha vez máis , recuperar as cotas de horario de educación musical que había antes no ensino e que agora practicamente desapareceron; cambiar as dinámicas no que á relación laboral cos músicos respecta na maior parte dos festivais que hai en Galicia...
Neste sentido hai festivais onde os músicos non están dados de alta na Seguridade Social e traballan en condicións moi precarias e de ilegalidade. E son festivais moi famosos, que reúnen a moita xente e dan traballo a moita xente tamén e ao final os peor tratados somos os músicos.
CG: Este ano MAV confórmase tamén como cooperativa ¿QuE vos leva a tomar esta forma xurídica?
Ofrecerlle aos músicos galegos a posibilidade de regularizar a súa situación laboral nos concertos. Ata o de agora estivemos traballando baixo o amparo de Musicat, que é unha asociación catalá que con xenerosidade durante varios anos estivo acollendo aos nosos asociados a ese nivel, eles puxéronnos un prazo que se cumpriu este ano. Nós xa estabamos traballando no tema da formación da nosa cooperativa, como tamén hai en Madrid, Andalucía... Pensabamos que en Galicia facía falta tamén. Traballouse moi duro para preparala porque as lexislacións autonómicas son diferentes e polo tanto os modelos tamén son diferentes e o esforzo económico que hai que facer tamén é moi grande. E agora estamos botándoa a andar con moito tento pero con firmeza
CG:¿Como está a ser acollida esta posibilidade polos músicos?
Ben. O que pasa é que agora necesitamos afianzala coa maior cantidade de cooperativistas posible para que economicamente a cousa vaia adiante, pero as perspectivas que temos non son malas e estamos traballando moi duro.
CG: ¿Non debería ser unha lexislación específica , como o Estatuto do Artista que se pretende impulsar desde o sector cultural, a que outorgase aos músicos a cobertura social necesaria para o desenvolvemento da súa actividade profesional?
Cremos que coa fórmula que acadamos despois de moito investigar podemos tirar adiante, evidentemente sería mellor que a lexislación fora moito máis clara e que nos dera certo amparo. Os músicos a nivel lexislación estamos moi desamparados, que é o que está pasando coa Lei de Espectáculos. Sempre estamos nun limbo no que na maior parte das veces se está a traballar na ilegalidade ou nas súas fronteiras, iso non pode ser ten que acabar.. A administración ten que entender que hai que dar algunha saída, este non e un problema de catro hai miles de músicos que están traballando baixo o amparo destas fórmulas.
CG: O vindeiro día 2 de xullo entrará en vigor en Galicia a nova Lei de Espectáculos publicada en xaneiro. En Santiago algúns locais cancelaron concertos aludindo a unha posible desprotección que provocara multas cara eles. ¿Que valoración se fai desde MAV dos efectos que poida producir esta nova normativa na música ao vivo?
Evidentemente que os locais deixen de programar repercute directamente na cantidade de traballo que hai. Coa Lei segue habendo a ambigüidade que había anteriormente, déixase ao abeiro das decisións dos concellos a posibilidade ou non de actuar pero dunha forman tan ambigua que seguen cabendo as denuncias dos particulares que nun momento dado poden dar lugar a multas aos locais. Iso é unha espada de Damocles moi evidente e perigosa porque un local que está programando e chéganlle 600 euros de multa pois pecha a programación e aí non vai volver tocar ninguén.
Isto tería que ter unha solución definitiva e non ir facendo parches, a redacción desta lei era unha oportunidade para que iso sucedera pero volvemos a estar nas mesmas. Por outro lado a xunta di que ese tema vai quedar solucionado, que os concellos van poder asinar convenios cos locais; os concellos din que iso non está tan claro... Entón agora estamos nesa batalla, na que como pasa no Concello de Santiago, estase estudiando a fórmula legal para que iso se poda levar a cabo pero non acaba de estar claro. Volvemos a estar nas mesmas (ri), volvemos a estar nun limbo no que non se sabe moi ben que pasa.. ¡e xa está ben!. Redactar unha lei é unha cuestión de moito tempo, cambiala tamén e está lei que vai entrar en vigor en xullo pois vai estar aí moitos anos así que volvemios a estar nas mesmas.
CG: MAV participa no deseño das normas que regulan a Rede Galega de Música Ao Vivo que convoca AGADIC. ¿Que foi mellorando neste circuíto de concertos en salas e que queda por mellorar?
Este ano se fixo unha mellora ostensible, mudáronse algunhas cousas respecto a outras veces. A nós xa nos tiveron en conta no deseño da rede durante os anos pasados. Pero cando chegou a época dos recortes para a Rede foi brutal, non foi quedar sen ela pero si con moi poucas posibilidades . Agora incrementouse o presuposto, nunca como sería desexable. Mudáronse algúns erros de deseño, incluíase a posibilidade de que na rede houbese magos e monologuistas que non teñen nada que ver coa música, se decidiu que se pechara só a músicos. As normas para as salas para estar na rede e cumprir os requisitos se endureceron un pouco. Atopabámonos que habíaalgunhas salas que non se estaban a tomar as normas moi en serio e nestes casos houbo que poñerse máis rigorosos.
E estamos moi vixiantes para que as salas cumpran estritamente o que se pide na Rede. Trátase de criterios de trato cos músicos. Hai que destacar o papel de Clubtura, a asociación de clubes que eles tamén están moi vixiantes no cumprimento destas normas. Cando as veces non se compren, e hai incumprimentos moi graves nalgunhas salas, entón hai que tomar medidas.
Hai que educar aos clubes, hai que educar aos músicos e hai educar ao público tamén. Nos clubes hai que educar para que se decaten de que a relación laboral cos músicos ten que ser unha relación laboral normal, teñen que estar dados de alta ( na Seguridade Social) en todas as súas actuacións. Un pouco a intención da Rede é amosar cal sería a forma ideal de facer concertos. Tamén que os clubes teñan a nivel técnico un equipamento mínimo para cumplir cos requisitos. Un clube que queira programar música en vivo ten que facer unha pequena inversión, ás veces atopámonos que toda a inversión ven por cargo dos músicos, que teñen que levar todo o equipo, facerse cargo de todos os gastos, teñen que facerse eles cargo da publicidade... ¡Non teñen que limpar os locais de miragre!.
No relativo aos músicos, tamén fai falta que coñezan as condicións que teñen que esixir, teñen que saber cal é a lexislación laboral que poden que esixir. Ás veces atopámonos con xente que non sabe o que é facer un contrato ou de que vai unha alta na Seguridade Social. Todo isto ten que cambiar, o músico ten que ter unha conciencia de profesional como calquera outra persoa.
E finalmente o público no que ten que ser educado en considerar aos músicos como uns profesionais, non uns tipos que suben a divertirse nun escenario. Teñen que saber que un músico para poder ofrecer un concerto tivo que estudiar moitos anos, tivo que empregar moito tempo, tivo que gastar moitos cartos en educación e en instrumentos... E todo iso haino que pagar. E ás veces custa a terrible cantidade de cinco euros (ri) . Hai xente que chega á porta dun local no que hai un concerto e lle din que teñen que pagar cinco euros ou tres por escoitar uns músicos en concerto dá a volta.
Todo iso que noutros países do noso entorno xa está instalado no imaxinario popular pois aquí aínda nos queda moito por desbrozar.
CG:¿Como se valora desde MAV a situación actual da muller no sector musical? ¿Cales son as problemáticas?
Creo que neste momento estase dando un cambio moi forte a ese nivel, Cada vez hai máis grupos integrados por mulleres ou cunha gran presenza de mulleres. Eu sempre digo que no que é o canto, a música vogal, aí as mulleres son as que levan o peso pero dunha forma brutal. Agora, tanto a nivel de música clásica como en rock como en jazz hai figuras de mulleres que son modelos para outras, son referentes, temos instrumentistas ou cantantes de altísimo nivel. E nos Premios, as mulleres que suben a recoller os premios son cada vez máis e con carreiras tremendamente sólidas.
Este ano, na nova directiva da asociación Músicos Ao Vivo, van entrar nove persoas, cinco das cales son mulleres, todas moi destacadas e bastante referenciais no mundo da música. ¿Que ten de bo iso? Pois que esa maioría vai a mudar esa visión masculina que hai sobre a música ou vai axudar a que iso suceda. Nós en MAV sempre procuramos que nas nosas galas e as nosas políticas se tivera en conta ese punto de vista feminista e de igualdade. Coa nova directiva creo que imos apuntalar ese tema.
CG: ¿Cre convinte establecer protocolos de cotas mínimas en festivais e programacións, sobre todo nas de carácter público?
Iso sería o ideal. Pero tamén hai unha realidade, ao mellor o número de mulleres que neste momento hai facendo música tampouco é tan grande como para cubrir esas cuotas. Hai estilos nos que resulta complicado atopar a un número de mulleres facendo ese tipo de música que puidera cubrir esa cuota.
A sección de Músicos Ao Vivo de Compostela leva un par de anos facendo un censo de grupos e músicos desa área compostelá pois no seu buscador pódese escoller usando ese detalle grupos femininos ou con presenza feminina. Cremos que é algo que hai que destacar.
CG: Este ano os Premios Martín Códax celebran a súa quinta edición ¿Cal é o seu estado xeral de saúde e a súa relevancia?
Está en excelente estado de saúde. Chegamos a 449 proxectos inscritos, o ano pasado foi 450, este ano houbo máis grupos . É unha barbaridade, son moitísimos proxectos presentados e realmente eu sempre digo que unha das cousas marabillosas destes `premios é que é unha fotografía da música que se fai ese ano en Galicia. Non creo que haxa un estudio mellor sobre o que está acontecendo na música galego que o que amosan os grupos que se presentan a estes premios. Porque ademais son 15 categorías musicais, é unha forma marabillosa de descubrir novos grupos, eu cada ano alucino porque parecen novos grupos nos lugares máis reonditos e con proxectos que dis "¡Que marabilla!". Aínda que só sexa para que eses proxectos se coñezan pois xa este premios pagan a pena.
CG: ¿Como se percibe o nivel das propostas musicais da escena galega que presentan aos premios?
Creo que estamos a vivir un momento superbrillante: Neste momento en Galicia estanse levando adiante proxectos marabillosos. Hai xente nova preparadísima. É o resultado das moitísimas escolas, conservatorios e escolas privadas de todo tipo que están agora dando o s seus froitos e tamén hai que ter en conta a cantidade de xente que saíu fóra a estudar e que agora están de volta e están montando os seus proxectos. Estou vendo un nivel espectacular tanto en música cláscica, como en jazz en rock, folk...
A nivel comparativo creo que podemos sentirnos ben orgullosos do que estamos facendo aquí e os músicos que veñen de fóra están de acordo con isto. A música que estamos facendo aquí é moi valorada fóra e cren que aquí o público non acaba de recoñecer o que temos. Nese sentido sentimos un pouco a falta de apoio dos medios públicos. Da CRTVG, que pensamos que ten un pouco abandonado o que é a música ao vivo. Desgraciadamente niso non amosamos unha singularidade a nivel nacional pero vivimos nun sitio que ten unha televisión pública que ten unha certa audiencia e houbo tempos, estou lembrando o Xabarín. !Un programa infantil todo o que fixo pola música de aquí¡. A do Xabarín foi unha época dourada que agora todo o mundo lembra bastante e oxalá houbera algo parecido, porque aí se creou unha xeración de rapaces que cantaban as músicas que se estaban facendo nese momento en Galicia. Non pode haber nada máis bonito que iso.