Brinde pola música

Dous elementos de identidade cultural do país, o viño e a música, están a unirse cada vez con máis forza en ciclos e festivais amosando unha maridaxe perfecta

Dous elementos de identidade cultural do país, o viño e a música, están a unirse cada vez con máis forza en ciclos e festivais amosando unha maridaxe perfecta
Os Amigos dos Músicos na terraza dos Xoves de Códax Foto: Facebook Bodegas Martín Códax
Unha ollada á axenda cultural deste verán que xa remata deixa ver que entre as múltiples ofertas de eventos grandes e pequenos hai cada vez máis un grupo deles de carácter musical que teñen como común denominador a presenza, xa desde o nome, de marcas de viño galego ou Denominacións de Orixe. A maridaxe entre viño e música estáse revelando un factor diferenciador que ademáis vai aumentando en presenza e importancia a cada ano o que é síntoma claro de que a combinación funciona para o público, artistas e empresas implicadas.

É tempo de vendimar, recoller a uva das cepas e convertila no líquido que logo acompañará nas mesas e nos momentos de ocio e diversión. É polo tanto, dentro do mundo do viño, un momento importante no que se recolle o pasado para preparar o futuro. Así, como os adegueiros e produtores, tamén nós damos una vista diferente, de colleita, respecto ao que ven deixando atrás o mundo do viño na nosa "cepa" cultural e o que vai preparar para máis adiante. Resulta indiscutible que o viño é química, física, bioloxía, xeografía e climatoloxía, pero tamén deberíamos engadir que o viño é cultura. Así, nunha hipotética nota de cata dos viños galegos no seu conxunto, deberíamos poner ademáis das súas cualidades organolépticas outros matices como poderían ser: aromas de solpor; rasgueo de guitarras; sonoridades blues; quejíos flamencos; indicios de poesía; ambiente festivo; rumor de ondas; alegrías pop; vibracións rockabilly; interacción social; ecos electrónicos; rimas urbanas ou calidez vocal, entro outros moitos posibles que poderíamos sacar das múltiples acción e ventos promocionais e de responsabildade social que o mundo do viño fai coa cultura en xeral e coa música en concreto. Catro ciclos de concertos de verán, outro ao longo do ano tres festivais, dous deles creados este mesmo ano e con vocación de continuidade, son a demostración actual da idoneidade desta fusión cultural entre os caldos das cepas galegas e a escena musical que amosan que no eido dos patrocinios musicais hai vida máis alá da cervexa.

Para abordar este asunto resulta necesario sinalar ás Rías Baixas como cerne deste tipo de eventos. Nese territorio arredor de Cambados como epicentro e coa uva albariño como protagonista veñen sucedéndose desde hai anos algunhas das iniciativas máis remarcables e lonxevas deste tipo de actividade promocional. Esta mesma fin de semana terá lugar a estrea dun novo festival con intención de continuidade: a Festa Cidade Europea do Viño en Cambados, que ven celebrar a consecución desa distinción outorgada pola Rede Europea de Cidades do Viño e apechar o verán de festivais Rías baixas Fests. Pero si esta é a seguinte e máis nova destas accións, outras veñen de moito máis atrás.

Viño con nome de xograr
En 1986 un grupo de viticultores uniuse en cooperativa para crear una viño e para o nome da súa marca elixiron o dun xograr do século XIII, Martín Códax. Esa elección no foi nada casual e marcou a traxectoria e a política de comunicación e promoción da bodega. Aproveitamos a presentación esta semana dun destes eventos, a sétima edición do Outono Códax Festival de Santiago e falamos con María Garrido, directora de márketing da empresa, que fai un retrato dese momento de creación da bodega e esas implicacións: "Eran xente que varios deles estaban moi vencellados ao mundo da cultura ou á docencia, e tiñan una especial sensibilidade cara a cultura galega e por iso deciden que Martín Códax ten que ser o nome do seu produto". Dende o principio a bodega mantivo esa relación fluída co mundo da cultura marcada polo seu nome, de feito nos primeiros tempos fíxoo tomándo moi literalmente a relación coa figura do xograr e a bodega patrocinaba un premio de poesía, unha formación de música antiga do mesmo nome que o trobador coa que editaron catro discos, patrocinaban á recuperación de instrumentos musicais medievais con luthiers especializados e mesmo chegaron a vencellarse directamente con algúns artistas da música tradicional como Milladoiro ou Carlos Núñez cando estes comezaban a exportar o folk galego no escenario nacional e internacional.

Martín Códax ademáis estaba presente en distintos patrocinios deportivos e outras liñas de presenza pública da marca. Esta traxectoria evolucionou cun momento de inflexión no que se decidiu desde a empresa abrir novos camiños e volcarse máis coa música. "Hai un momento en torno a fai dez anos no que decidimos que os esforzos que estábamos facendo noutro tipo de patrocinios debemos vencellalos moitísimo máis á cultura porque dámonos conta que o viño é cultura e que o que nos ensinaron os fundadores da bodega era iso, – asegura María Garrido- que Martín Códax era a clave da comunicación e da diferenciación do noso viño entre os demais", asegura. "É entón cando nos volcamos coa música moito máis en profundidade" dese momento parte a implicación apoiando proxectos de outros como o Outono Códax Festival e os Premios Martín Códax da Música, ou cun proxecto propio como os Xoves de Códax que este ano fixo a súa sexta edición e que merece unha ollada en profundidade.

A terraza destas bodegas, en Vilariño (Cambados) convértese cada verán nun espazo de música e convivencia os xoves de xullo e agosto. O espazo privilexiado con vistas á ría explota os fermosos solpores da nosa costa e o entorno das viñas creando un ambiente propicio para o disfrute e a emoción. Cada ano enchen e esgotan as entradas ao pouco de poñelas á venda, o que ten ademáis o valor engadido de que a recadación vai íntegra para os proxectos sociais e humanitarios de diversas ONG da zona. Rosa Bugallo, asesora cultural de Bodegas Martín Códax e programadora dos Xoves de Códax explícanos como xurde este exitosis evnto: "O Director Xeral, Juan Vázquez convocoume a una reunión para crear un proxecto cultural para esa terraza con vistas a abrir un espazo no que o mundo das relación sociais, o viño e a cultura tivesen igual importancia e convivisen." Coa promoción da escena musical galega como claro obxectivo dese o principio Rosa Bugallo sempre tivo claro un criterio principal deste ciclo: "Programar música galega xenerar un espazo para os artistas do país que están a loitar no país. Música de todos os estilos e en todos os idiomas". Conseguir que pola combinación co espazo e o viño o traballo destes artistas chegase a un público pouco proclive a ir velos nun auditorio habitual formaba parte do obxectivo, así como dar tamén a oportunidade a músicos novos ou recén chegados á escena.



Pola terraza destas instalacións pasaron nestes anos una ampla representación de todos os estilos musicais e nomes coñecidos como Mercedes Peón, Xacobe Martínez Antelo, Abe Rábade, Rosa Cedrón, Eladio y Los Seres Queridos, Wöyza, Os Amigos dos Músicos, Budiño, O Sonoro Maxín , Banda Crebinsky e moitos máis nas súas seis edicións. Ademais dese hai una anos a proposta que Bugallo fai aos música é a de que xeneren alí un proxecto musical propio ao seu gusto coa liberdade de crear fusións con outros artistas que elixan. "¿Qué lles apetece compartir escenario cun artistas vasco, una andaluza ou un catalán?, Pois perfecto!". O obxectivo artístico é a liberdade e froito diso foron moitos os artistas como Javier Limón, Luiz Caracol, Rosario la tremendita e outros que participaron destas veladas de fusión. Desde o enfoque do márketing da empresa, representada por María Garrido, resulta moi importante a consecución do ambiente que alí se crea e da relación social que eso implica asociándose as sensacións ao viño: "Cremos que o viño é un produto no que ten que haber una conversa, no que é moi importante una relación social, non simplemente asistir a un espazo senón que haxa posibilidade de relación, de interacción social e aí o viño ten un perfecto espazo no que te sintes moi cómodo e asocias una experiencia positiva ao consumo do viño". Rosa Bugallo coincide na transferencia de sensacións que se dan no contexto destes eventos: "Estar a gusto, coñecer, saborear… Eso dase nos dous casos, bebendo viño ou coñecendo un artista e gozando do seu concerto".

Os outros dous proxectos musicais máis relevantes onde esté presente Martín Códax son o Outono Códax Festival, o evento de música negra que esta semana presentou a súa sexta edición, e os Premios Martín Códax da Música, organizados pola Asociación de Músicos ao Vivo e que cada ano recoñecen a 17 proxectos musicais diferentes por categorías. O nivel de implicación é diferente en cada caso. Para Rosa Bugallo a diferenciación está clara xa que mentres que o Outono Códaz é un "agasallo musical" que una empresa lle ofrece ao público a través do patrocinio, nos Premios da Música si que existe un nivel de implicación máis profundo de cara á escena musical e ao sistema cultural, que non dubida en calificar de "responsabilidade cultural corporativa" xa que desde a bodega buscan programar aos premiados de cada ano, darlles "un espazo escénico" e ademáis Martín Códex implícase tamén na promoción destes artistas como fixo o pasado ano no FOCUS, a parte galega do recente mercado internacional da música WOMEX, cando reuniron a trinta programadores estranxeiros para facelos entrar co en contacto co sector musical galego e coñezan una selección de artistas avaliados por ter recibido eses premios nas diferentes categorías.

Competindo polo espazo da cervexa
Cada ano, cando comeza a tempada de sol e suben as temperaturas empeza tamén o período máis importante para as empresas de bebidas. A sede é o que ten, que leva a aumentar o consumo da bebida. Ademais das alternativas libres de alcohol, como auga e refrescos, é un feito indiscutible que a parte da poboación maior de idade opta por bebidas alcohólicas para acompañar os seus momentos de ocio e diversión social. Nese sentido, sobretodo entre o sector por debaixo de corenta anos, mentres que o viño traballa para superar o seu papel de actor secundario da gastronomía a cervexa exerce un liderazgo de vendas indiscutible cando comeza o verán. Esa posición e predominancia trasládase a una potente presencia das compañías cervexeiras no eido da música moderna, patrocinando multitudinarios festivais regados con centos de litros do seu producto e una enorme visibilización mesmo a través do <> dos eventos introducindo neles a súa propia marca. Pero o mundo do viño está lonxe de resignarse a ese papel e, impulsado por uns xóvenes equipos de comunicación e márketing nas bodegas, busca facerse un oco e relacionar o consumo (sempre responsable) do viño tamén coa modernidade, a música, e o goce do ocio entre a xente nova.

Ese é un obxectivo que teñen moi claro en bodegas como Paco & Lola. Esta empresa de viño da D.O. Rías Baixas é a principal patrocinadora privada do festival Festa Cidade Europea do Viño, é marca de viño oficial do Atlantic Fest da Illa de Arousa e organiza o ciclo Son&Sal de concertos e gastronomía que se realizan nun barco durante un percorrido pola Ría de Arousa ao solpor. Laura Cachón, responsable de comunicación de Paco&Lola aclara os motivos destas acción: "Queriamos introducir o mundo do viño á xente xoven, introducilo noutros ambientes que non sexan só gastronómicos. Ligar o mundo do viño ao ocio alternativo". Nese sentido a súa elección musical tamén presenta una clara aposta por un público obxectivo moi determinado. Tanto a Festa Cidade Europea do Viño como o Atlantic Fest fan una oferta musical relacionada coa música rock e pop independente. Os carteis destes eventos presentan bandas como Los Planetas, Os Amigos dos Músicos, Familia Caamagno, Belako, Xoel López, Lori Meyers, The Temper Trap, etc. "Considerámonos una adega moderna porque somos innovadores, non só en canto ao deseño senón tamén en canto a técnicas de elaboración polo tanto si que queremos seguir esa liña musical moderna porque cremos que é o que máis se acopla ao noso viño", explica Laura Cachón. No que ten que ver co seu ciclo propio, o Son&Sal, si que teñen claro que ademáis desa modernidade teñen como criterio o feito de que se trate de artistas galegos. Pola cuberta do seu barco pasaron nestes dous anos artistas como Narf, Andhrea & The Black Cats, Mad Martin Trio, Rosa Cedrón, Nastasia Zürcher, Adrián Costa, Néstor Pardo e Sabela King & The Heartbreakers, entre outros. A idea deste Son& Sal xurdiu a partires dunha festa privada que o presidente da coopertaiva facía nun barco durante a Festa do Albariño de Cambados o que levou a moita xente a pensar que era algo organizado pola propia bodega e demadarlles información para participar, motivando que empresa tomara a decisión de organizala. O evento é un éxito que cada ano vende todas as prazas posibles. Para Paco&Lola non hai dúbida na súa aposta e Cachón afirma sen dúbida a intención da empresa de manter este camino de promoción ligado á música.



Patricia Hermida, responsable da empresa DotBeat que programa o Son&Sal para Paco &Lola e organiza a Festa Cidade Europea do Viño é rotunda sobre a cualidade da música para maridar co produto vinícola: "Funciona moi ben para ambas partes. A música marida con todo e o segredo está en que depende como englobes as acción van ter máis sentido ou menso sentido pero a música está dotando a moitas marcas de valor engadido". Nese sentido o feito de que as marcas creen os seu propios ciclos de concertos como están a facer Paco& Lola, Martín Códax ou Marqués de Vizhoja é una demostración, para esta profesional do mundo da promoción musical e o managing de que as marcas prefiren xenerar o contido, seleccionalos e ser eles os valedores do mesmo, que adherirse ao de outros. Como representante de artistas Hermida tamén ve que estas acción e ciclos están resultando de enorme importancia para os grupos es artistas galegas coas contratacións e os bolos que suponen un "balón de osíxeno" para súa supervivencia e viabilidade como artistas no panorama de actual crise no mundo da cultura que precisa de ter una variedade de patrocinios e que non estén acumulados en una ou dúas empresas.



O Agosto na Ría de Marques de Vizhoja, as acción promovidas desde o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro como o ciclo Enocións by Ribeiro e o festival Ribeiro Son do Viño, o 17 graos Ribeira Sacra festival ou Ribeiro Blues Wine Festival son outras das moitas actividades nas que a simbiose entre música moderna, produto vinícola, entorno, gastronomía e cultura amosa a fortaleza e o axeitado desta liña de accións que cada ano crece en propostas. Para Patricia Hermida no mundo das empresas vitivinícolas atópase agora moi boa disposición a estes proxectos, "Non están queimados e si que polo menos te escoitan cando vas co teu dossier a propoñerlles algo". Ela ademáis non dubida en relacionar isto coa entrada de xuventude no persoal das empresas do sector da uva: "Vas a bodegas e os equipos de márketing que están traballando son xente nova cun montón de ganas de facer cousas. Isto plantexado hai máis de dez anos era como una utopía, te encontrabas cun señor moi maior ao que lle comentabas de invertir en música e botaba as mas nao pouco pelo que lle puidese quedar". Laura Cachón coincide nesta afirmación: "En adegas como a nosa ou en Martín Códax si que ves que o persoal somos xente xoven, e como nó valoramos o mundo do viño queremos que a xente da nosa idade o aprecie como facemos nós". A colleita deste ano apúntase boa, diversa e abundante na maridaxe de viño e música e as previsións para as seguintes añadas parecen apuntar polo tanto a que hai boa disposición de todas as partes, incluído fundamentalmente o público, a que siga sendo así e o binomio creza en sabores, variedade, esencias e profundidade. Saúde!