A facturación de música ao vivo en Galicia rozou os dez millóns no 2017

A provincia de Pontevedra experimentou un crecemento de case un corenta por cento

| Santiago. S.Montes | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Carpa principal Atlantic Fest 2017 Foto: S. Montes

Carpa principal Atlantic Fest 2017 Foto: S. Montes

O IX Anuario de la Música en Vivo, publicado pola Asociación de Promotores Musicais (APM) presentouse onte en Madrid deixando ver un panorama positivo para o sector a nivel estatal, que viu aumentar a súa facturación nun 20,6% respecto ao ano anterior, o que supuxo 46 millóns de euros máis na conta global que chega agora a 269.168.730 euros. No que ten que ver con Galicia os datos seguen a liña global do Estado aumentando a facturación neta en máis dun 21% respecto ao 2016 e crecendo, aínda que de xeito dispar, nas catro provincias. O informe anual tamén coloca no posto 15 entre o TOP 25 de festivais de música no 2017 ao Resurrection Fest de Viveiro cos seus 100 concertos e 86.475 asistentes totais.

Os datos que aparecen no anuario de APM, con fonte da SGAE, indican que a facturación entre as catro provincias galegas aumentou en más de dous millóns de euros. Se ben o maior aumento cuantitativo é o da provincia da Coruña que representa case o 60 por cento do total galego, na que se facturaron en música en directo 5.857.228 euros, aumentando a cifra en máis dun millón respecto ao 2016, é en Pontevedra onde a variación interanual supera moito a media, con máis dun 39%, pasando dos 1.893.373,22 euros de 2016 aos 2.644.982,62 euros de 2017. A música ao vivo tamén aumenta a súa facturación neta nas provincias interiores, cun 7,6% de aumento en Lugo e unha máis relevante subida dun 26% entre ambos exercicios para a provincia de Ourense, que pasa dos 402.494,98 euros do 2016 aos 510.325,86 euros. Con todo isto a facturación galega pasa de ser o 3,48% da total do Estado ao 3,65%, aínda por debaixo o conxunto da Comunidade respecto á terceira provincia española en recadación, Sevilla, que factura o 3,79% do total.


Gráfico de elaboración propia CG.


Gráfico de elaboración propia CG.

Segundo a APM as subidas reflectidas no sector están directamente relacionadas coa consolidación de España como destino das grandes xiras internacionais, o crecemento sostible do mercado de festivais e a importante baixada do IVE cultural. Esta subida é a cuarta consecutiva nas últimas anualidades. Por vez primeira o Anuario de la Música en Vivo reivindica as xiras dos artistas como produto en si mesmo, do que promotores e managers son os principais responsables. Ademais desde as súas conclusións a APM ve entre os retos a tratar polo sector a importancia de atallar con ferramentas lexislativas de nova creación ao fenómeno descontrolado da revenda de entradas en liña.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Industria Musical

Ver serie completa
A música ten Dereito(s)

A música ten Dereito(s)

A Lei de Espectáculos entra en vixencia hoxe con dúbidas sobre cal será o seu impacto na actividade musical

Oito propostas para avanzar en igualdade no documento 'Cara ás lentes violetas na música'

Oito propostas para avanzar en igualdade no documento 'Cara ás lentes violetas na música'

Hai menos do 15% de representación artística feminina nos festivais galegos

"Hai que educar aos clubes, aos músicos e ao público"

"Hai que educar aos clubes, aos músicos e ao público"

Entrevista con Ramón Bermejo, voceiro da Asociación de Músicos Ao Vivo

Tolos polos concertos

Tolos polos concertos

Este outubro lánzase na rede Tolemias, o Netflix dos vídeos de concertos. Falamos con Segundo Grandío o responsable do proxecto

Brinde pola música

Brinde pola música

Dous elementos de identidade cultural do país, o viño e a música, están a unirse cada vez con máis forza en ciclos e festivais amosando unha maridaxe perfecta

"É complicado atopar unha muller directiva na industria musical"

"É complicado atopar unha muller directiva na industria musical"

Patricia Hermida, vice-presidenta do International Music Manager Forum

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IVE, Pontevedra, Resurrection Fest, Madrid...