Os teus personaxes e os teus espacios: a sombra do aire na propia historia
Entre as últimas novelas que disfrutei de verdade encóntrase “Los aires difíciles”, DE Almudena Grandes. Encantoume a suma de personaxes nenos que son como adultos e adultos que son como nenos, todos tinguidos dunha soedade que se converte en nexo. E gústame Maribel, a asistenta con pouca sensatez e moito corazón na gaiola que lle tocou vivir.
Agardando as lagarteiras
11 / 11 / 2004
Da novela “Los aires difíciles” envexo o equilibrio conseguido por Almudena Grandes na complementariedade entre os personaxes. O tándem formado polos dous protagonistas, Juan e Sara, ámbolos dous fuxindo de complicados pasados, vese completo gracias á suma de personaxes que encontran na súa nova vida iniciada na costa gaditana. É este un lugar especial no que un cambio na dirección na que sopla o vento supón un cambio radical para as persoas que o padecen. Resulta doado para un lector galego entender como os caprichos meteorolóxicos inflúen decisivamente no ánimo.
De tódolos personaxes que circulan arredor de aires difíciles, non podo deixar de sentirme atraída por Maribel, a asistenta de Juan Olmedo que se converte na súa amante. Unha Maribel “que non adoita falar durante o sexo, como se non fora capaz de concentrarse en nada, máis alá do que daba e recibía”. Unha Maribel entregada, como nai que é, que dende a súa encantadora simpleza de seductora que roza a vulgaridade consegue aportarlle a Juan unha nova perspectiva na súa complicada existencia enchoupada de ausencia.
Por Mercedes González