Comparar contidos entre culturagalega.org e outros medios e fontes de información

Novo sistema para conectar a información

O obxectivo deste sistema é conectar con máis profundidade a información dentro da rede galega e ofrecer os máximos puntos de vista sobre un feito para quen estea interesado en profundizar nel.

A aparición de titulares de fontes de información neste apartado é automática, e xorde da comparación entre os contidos de culturagalega.org e os doutros medios e fontes de información que contan cun sistema RSS de distribución de noticias. Deste xeito, o sistema recolle os titulares na súa lingua orixinal.

Este servizo aínda en fase beta, de probas, e en evolución constante. Deste xeito, poden aparecer titulares con información que non garde relación co contido orixinal das noticias que les en culturagalega.org. O noso obxectivo é reducir, ao máximo posible, este fenómeno segundo avance a fase de probas.

Culturagalega.org e o Consello da Cultura Galega non se fan responsables do contido aparecido nestes titulares externos ao portal e ao Consello da Cultura Galega.