culturagalega.org

inicio / colaboradores / Agardando as lagarteiras por Rosa Aneiros
Agardando as lagarteiras

por Rosa Aneiros

Os teus personaxes: A tola do faiado

As mulleres de Jean Rhys en "Ancho mar dos sargazos" sérvenlle a Pedro Broa para evocar algunhas das súas máis febrís tolemias.
Por Pedro Broa

Agardando as lagarteiras
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Quizais non sexa dicir moito que Bertha Mason é un dos personaxes que máis me gustan. Tampouco aclara máis citar aquí a Antoinette Cosway ou a combinación de catro nomes e apelidos, e apelativos cariñosos e nomes de casada, de solteira, de pai ou da nai. ¿E se dicimos que as dúas, ou as tres, ou as cinco mulleres resultantes son a mesma louca encerrada no faiado da casa Rochester? A antagonista de Jane Eyre (ou a voz do seu subconsciente, da violencia e do primitivo, do sexo e da calor) é unha pirómana antillana na ficción da Brönte, quen se identificaba de cheo coa institutriz feíña (¿a quen se lle ocorre facer un casting para que a interprete Elle MacPherson?).


A min gústame a Antoinette que recrea Jean Rhys en Ancho mar dos sargazos antes do seu encerro nese rocho medio lugués no que, a falta de montes de alcolitos, decide queimar colchas victorianas.


Rhys recrea un espacio indeterminado no Caribe (Xamaica, Dominica, Barbados...) no que Rochester casa cunha rica herdeira crioula á que acaba por tolear por non facelo el antes, con tanta sensualidade e tanto ron e tanto escravo resentido. En fin, que pobre Antoinette, despois de sufrir un colexio de monxas en Xamaica (¿terían as carpetas forradas con fotos de Marley?) atoparse cun deses típicos colonizadores, que, como os galegos, acaban sempre volvendo a casa como El Almendro.


Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org