culturagalega.org

inicio / colaboradores / Agardando as lagarteiras por Rosa Aneiros
Agardando as lagarteiras

por Rosa Aneiros

Espacios: O mar, sempre o mar

Adoro o mar de Alessandro Baricco co seu meigallo e máis os seus medos. Pero hai outros espacios literarios onde non me importaría naufragar.
Por Rosa Aneiros

Agardando as lagarteiras
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
A quinta de Saler no Couto Mixto paréceme un lugar extraordinario onde deixarse seducir polos dictados intransixentes da literatura efémera. O planeta do Principiño para poder ver solpores a calquera hora do día. Os ríos de Gabriel García Márquez cheos de mosquitos e de reloxos de area. Adoro febrilmente a Asia tropical de Malaria Sentimental de Queipo e, tamén, as praias de California do seu Papaventos. O mar, sempre o mar, de Novecientos e Oceano Mar de Baricco. A vella Compostela de Morning Star como terra que aínda piso e o territorio ocupado de Fran Alonso como terra que me gustaría pisar en liberdade. Gústanme as Lobeiras de Marilar Aleixandre; a Lisboa de 1755 de Eu é de Borrazás e mailo xardín de cerdeiras en flor permanente de Anxos Sumai porque arrecende todo o ano. Resúltame claustrofóbica a Sala 3 da que nos fala Manuel Tiago e odio a dictadura que serve de marco abafante a case toda a súa obra narrativa.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org