Os teus espacios: Os perseguidores de París
París como labirinto metafórico da busca de utopías.
Agardando as lagarteiras
11 / 11 / 2004
"¿Encontraría a la Maga?" Así comeza "Rayuela", de Julio Cortázar. París é a cidade na que a parella protagonista, Oliveira e a Maga, son capaces de atoparse sen necesidade dunha cita previa. Os amantes saen o un á procura do outro polo labirinto de rúas da cidade do Sena coma quen se entrega a un xogo, o xogo ó que fai referencia o título da novela. París reflíctese aquí como o espacio literario no que perseguir utopías, xa que moitos dos personaxes de Cortázar están marcados por este afán de superar a realidade que caracteriza ós "perseguidores".
Por Fernando Redondo