Álbum editado polo Colectivo Chapapote que contén traballos de case setenta autores galegos de banda deseñada arredor da crise derivada do afundimento do petroleiro Prestige frente ás costas de Galicia.
A razón de unha páxina por debuxante ou tándem, neste cómic xúntanse desde autores consagrados ata novos talentos de a penas vinte anos, coa conseguinte diversidade de propostas estilísticas. Indignación, poesía, rabia, denuncia e humor negro danse a man no que constitúe un dos fitos colectivos máis importantes da historia do cómic galego.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2003
Textos en galego, galego-portugués, portugués (con apéndice coa tradución a castelán)
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: C-2740/2003
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Álbum
Formato: rústica, cosido fío, 24 x 17 cm, 68 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 6 euros
Tiraxe: 2000 exemplares
Distribución: Galicia, Ondarroa, Bilbao, Barcelona, Granada, Madrid
Entidade:
,
autores
Gochi
Debuxante
Guionista
Noticias relacionadas