As relacións luso-galaicas protagonizarán o Encontro de BD de Santo Tirso (Portugal)

BD galaico-portuguesa

Estase a artellar o II Encontro de Banda Desenhada de Santo Tirso, en Portugal, a celebrar entre os días 2 e 4 de abril. A edición deste ano ten como tema principal as relacións galaico-portuguesas e contará, entre outras, coa exposición “H2Oil” da banda deseñada homónima promovida polo Colectivo Chapapote. Haberá conferencias, feira de venda, exhibición de filmes, concertos e outras actividades repartidas en varios espazos: no Muséu Abade Predosa, na Escola Agrícola e na sede da Associação Cultural Tirsense, que é a entidade convocante do evento. Colabora tamén na organización a librería especializada do Porto, Fantascomic, unha tenda con presenza habitual en “Viñetas desde o Atlántico”.



Para contactar, escribir a fantascomic@netc.pt