O mércores, 19 de novembro, ás 20:00 horas no Museo de Humor de Fene (Casa da Cultura), XaquÃn MarÃn, director do Museo, e Kike Benlloch, coordenador do Colectivo Chapapote, presentarán as exposicións “Humor Cru”, promovida polo propio Museo, e “H2Oil”, que reproduce as páxinas do álbum de cómic homónimo. O Colectivo Chapapote, que acaba de contribuir graficamente ao libro “Sempre mar” da Plataforma contra a Burla Negra e ao número de novembro da revista “Cuadernos de PedagogÃa”, ten dúas exposicións actualmente en itinerancia. A de banda deseñada, “H2Oil” estará en Fene até o 28 de novembro, do 12 ao 14 de decembro no Salón do Cómic de Getxo (Biscaia), do 16 de decembro ao 5 de xaneiro de 2004 no Concello de Ondarroa (Biscaia) e do 12 ao 30 do mesmo mes no Concello de Betanzos. A mostra de ilustración e pintura “O chapapote móvese” poderase ver até o 30 de novembro no Centro Social de Boiro e do 1 ao 15 de decembro no Concello de Betanzos.
Máis información: O noso tema do dÃa sobre a cultura arredor do Prestigee a recensión do libro “Sempre Mar” no web da Burla Negra