Creador da autopublicada “Cerditos de Guinea”, colección de comic-books da que viu a luz o nº0 en agosto de 2002 e o nº1 xusto un ano despois. Contou tamén con serie propia, “Trasmallo, adestrador de piratas”, editada na segunda época da extinta revista Golfiño (a partir do nº37, xaneiro de 2003). Colabora con diversos xornais e publicacións e tamén participou no álbum colectivo “H2Oil” do Colectivo Chapapote.
Palmarés
1º premio do "IV Concurso joven de cómics de Las Rozas" (Madrid), coa obra "Penurias escolares" (novembro de 2002). 1º premio do "V Concurso de cómics del Ayuntamiento de Tomelloso" (Ciudad Real), coa obra "Otra salida" (novembro de 2002). Mención especial do xurado no "VII certame de banda deseñada de Arteixo", (A Coruña) coa obra "As aventuras de Falcon Lois" (xaneiro de 2003). Venceu no I concurso de cómic e ilustración "La ballena" (Parla, Madrid, xuño de 2003) coa historia "La entrevista". Tamén quedou de primeiro no concurso de Normalización Lingüística de Moaña (2003). 3º premio (Cat.A) no VII certame de cómic de Cangas 2005, coa historia "Recadadores".
Formación específica
Estudou deliñación.
publicacións
Revista ou comic-book
Ron
Editor,
Guionista,
Debuxante,
Álbum
H2Oil
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista,
Debuxante,
Noticias relacionadas
Francotiradores de cadriños
Publicado o 29 / 4 / 2015
Os creadores que autoeditan o seu traballo representan unha tendencia importante entre os novos nomes da BD