Dámosche todas as claves para te orientar no proceloso mundo da BD galega

ABC BD : Manual Básico de Banda Deseñada

Malia á súa situación periféria no contexto internacional, Galicia está a demostrar que é unha terra fecunda para a banda deseñada. O país, dentro do carácter minoritario da novena arte, conta cunha esforzada tradición de autores que se remonta aos anos setenta e que raramente conseguiron destacar fóra das propias fronteiras, con excepcións destacadas coma Miguelanxo Prado ou, máis recentemente, Tirso Cons, Fran Bueno, Javi Montes ou David Rubín. No entanto, desde o comezo do século XXI, unha xeira de iniciativas está a conseguir amosar a capacidade creativa e (aínda de xeito tímido) editorial da cultura galega neste eido. Nos últimos anos, autores e publicacións xurdidas deste país están a conseguir o recoñecemento de crítica, público e editoriais a nivel estatal e inician o asalto aos mercados francés e americano.
Amosamos todas as pistas para saber quen é quen neste panorama agora mesmo.



Quén publica:
O panorama editorial galego é escaso. Empresas pequenas fan tiraxes máximas que roldan os mil exemplares, maioritariamente de obras infantís e xuvenís, mentres propostas de autoedición manteñen o facho da BD para adultos.
En canto a editoras podemos falar das seguintes:
Difusora: A súa produción ata o momento centrouse na serie Historias de Galiza na que diferentes autores fan historias curtas ambientadas en diferentes momentos da cronoloxía do país. Tamén publicaron unha adaptación a banda deseñada de A esmorga nun volume de homenaxe a Eduardo Blanco Amor.
Faktoría K: Editora que publica, en colaboración co colectivo BD Banda, unha colección de BD centrada no público infantil e xuvenil. Ademais, nos últimos anos ampliou o seu catálogo con outros produtos. Fai unha tiraxe en galego e outra en castelán dos seus produtos e aposta por combinar as librarías xeralistas e as especializadas.
Faktoría K
Lea / Embora: Dúas pequenas editoras que inclúen nos seus catálogos unha mínima representación de banda deseñada. No caso da primeira, trátase de obras gañadoras do Premio Castelao e no da segunda, da recuperación de traballos do histórico Xaquín Marín.
Lea edicións
Edicións Embora
El Patito Editorial: Nada en 2007, ten na BD, principalmente infantil e xuvenil, un dos seus principais activos. Publica en galego e en castelán e distribúese tanto en librarías xeralistas coma especializadas. Un dos seus proxectos é a Colección de Clásicos da Historieta Galega, que pretende recuperar os traballos históricos da BD do país e mais a colección Universo Galimatías, centrada en público xuvenil e que recupera traballos de autores galegos publicados fóra do país.
El Patito Editorial
Retranca editora: Iniciativa empresarial de Kiko da Silva que publica desde finais de 2007 a revista de humor gráfico Retranca, centrada no humor gráfico e a BD humorística. Tirou dous volumes monográficos recompilando traballos de Luís Davila e de Alberto Guitián.
Revista Retranca
Toxosoutos: De novo cos lectores máis novos coma obxectivo, publicou proxectos puntuais e mantén en catálogo como proxecto estrela a serie Os Barbanzóns de Pepe Carreiro, pendente de novos títulos desde hai anos.
Editorial Toxosoutos
Xerais: Unha das maiores editoras de Galicia presta unha certa atención á BD. A súa última publicación foi a triloxía As aventuras de Maxi Torres de Fran Jaraba. Anunciou o seu interese en continuar a publicar traballos de cómic.
Edicións Xerais
Do CumioEsta editora xeralista iniciou en 2008 a edición de Bícame Profe, serie manga á que pretende sumar outros lanzamentos.
Do Cumio
Urco editora Esta empresa especializada en terror e fantasía lanzouse á bd coa serie Gallaecia, de carácter bimestral. En 2009 incrementou o seu catálogo con Purgatorio.
Urco Editora
Demo editorial Proxecto vencellado ao autor Manel Cráneo que iniciou a súa andaina en 2009 co lanzamento de Os lobos de Moeche. Segundo anuncia, pretende afondar na publicación de BD de ambientación histórica.
Urco Editora
Os colectivos de autoeditores e afeccionados son os que están a conseguir unha maior proxección da edición galega de BD:
BD Banda: Asociación de afeccionados á BD que centra a súa actividade na publicación homónima, primeiro fanzine e agora revista profesional. O seu traballo valeulles o recoñecemento do Saló de Barcelona e a súa edición do álbum As serpes cegas levou o Premio Nacional de Cómic 2009. A maiores, desenvolven diferentes traballos de dinamización, organizando xornadas, exposicións e promovendo iniciativas didácticas.
BD Banda
Cerditos de Guinea Cómics: Selo co que o autor Gochi desenvolve as súas publicacións. Logo do fanzine que comparte nome co proxecto, e de varias publicacións para concellos, desenvolve unh serie de álbums que ten coma protagonista o pirata Trasmallo. No último ano, ampliou a súa actividade coa tradución para o galego de obras francesas e españolas.
Cerditos de Guinea Cómics
Fuck Cómics: Colectivo vigués de autores que desenvolven desde hai varios anos o fanzine Fuck Cómics e que lanzou en 2010 o monográfico Tiras cíclicas. Algúns dos seus membros están a conseguir certa proxección no exterior.
Fuck Cómics
Mariano Casas: Autor que leva anos a desenvolver múltiples iniciativas no campo dos fanzines. A entre outras propostas propostas destaca a serie Las historias de Mariano, onde mestura relatos autobiográficos e ficción.
Mariano Casas
Polaqia: Asociación que congrega unha ducia de autores. Desde 2001 tirou arredor dunha vintena de títulos, maioritariamente en formato comicbook e en galego. Mantén ademais a publicación periódica Barsowia que foi galardoada en dúas ocasións no Saló del Cómic de Barcelona. As súas últimas apostas son abrir o seu traballo de edición a autores de fóra do colectivo e unha liña de novelas gráficas que abren á lingua castelá.
Polaqia
Sinónimos de lucro: Nado en 2009 este fanzine leva xa dous números amosando traballos de autores como David Braña, David Buceta, Fran Freijanes ou Gabriel Iglesias.
Sinónimos de lucro.

Quén a crea e qué fai: Obras e autores
Na actualidade a cifra de autores de BD galegos en activo, tanto en Galicia coma no exterior, rolda o medio cento de nomes. No entanto, só unha minoría consegue vivir do seu traballo, combinándoo na práctica totalidade dos casos coa ilustración ou co humor gráfico. Son as editoras españolas, mediante a edición de álbums ou revistas as que están a conseguir unha maior proxección destes creadores, que nalgúns casos están a conseguir saír fóra das fronteiras do Estado. Incluímos aquí publicacións realizadas por autores galegos a partir de 2008, agás no caso de series iniciadas con anterioridade.
As nosas fichas dos autores galegos de BD
Todas as publicacións do sector

EN GALEGO
Publicacións periódicas
• Sinónimos de lucro. Semestral. Varios autores. 2009
• Galimatías. Quincental. Varios autores. El Patito Editorial 2009
• Catalizador. Varios autores. Proxecto Galauda. 2009
• Retranca (revista de humor gráfico). Mensual. Varios autores. Retranca edicións. Desde 2007
• BD Banda (revista). Varios autores. Aperiódica. Asociación Cultural BD Banda Desde 2007
• Barsowia. Semestral. Varios Autores. Asociación Cultural Polaqia, Desde 2003
• O tebeo do Salón de Cangas. Anual. Varios autores. Concello de Cangas. Desde 2003
• O fanzine das xornadas. Anual. Varios autores. Casa da Xuventude de Ourense. Desde 1994
• Fuck Comics. Varios Autores. Aperiódico. Colectivo Fuck Cómics. Desde 2006
• GZ Crea. Varios Autores. Anual. Dirección Xeral de Xuventude. Desde 2005
• BD Banda (números 1-6, fanzine) Varios Autores. Asociación Cultural BD Banda (2001-2005) –extinto
Monográficos
• Vento do norte. David Digilio e Alex Cal. El Patito Editorial. 2010
• Galimatías ano 0. Varios autores. El Patito Editorial. 2010
• A velliña vella. Manuel Busto Magdalena. Fundación Vicente Risco. 2009
• Centoloman. Rodrigo Cota e Jano. Rei Zentolo. 2009
• Doentes. Brais Rodríguez. A.C. Entre Bambalinas. 2009
• Enigma soterrado. Fausto Isorna. El Patito Editorial. 2009
• Misterio no fondo do mar. Bunker Graphics. Museo do Mar de Galicia. 2009
• Coñecía Darwin a serpe das sete cabezas? Idoia de Luxán. Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal. 2009
• El monte de las ánimas. David Rubín. SM. 2009
• Amadís de Gaula. Ricardo Gómez e Emma Ríos. SM. 2009
• Hexed. A marca de Lucifer. Michael Alan Nelson e Emma Ríos. El Patito Editorial. 2009
• Habitación 13. Álvaro López. Polaqia. 2009
• Cómo facer un cómic. Lewis Trondheim e Sergio García. Faktoría K de Libros. 2009
• Os cinco loitadores 1. A cidade dos repudiados. Jerry Frissen e Bill. Cerditos de Guinea Cómics. 2009
• Gárgolas 1. O viaxeiro. D-P Filippi e J. Etienne. Cerditos de Guinea Cómics. 2009
• Fito e Pita. Alberto Guitián. Retranca Editora. 2009
• Mensaxes. Mariano Casas. El Patito Editorial. 2009
• O lobo da xente. Moxom. Fundación Risco/Bd Banda. 2009
• O máxico arrecendo e outras historias. Fran Bueno. El Patito Editorial. 2009
• Os lobos de Moeche. Manel Cráneo. Demo Editorial. 2009
• Corresponsabilidade na casa. Luís Sendón. Concello da Coruña. 2009
• Corresponsabilidade na escola. Luís Sendón. Concello da Coruña. 2009
• Compañeiros. Homenaxe ás vítimas do Portiño. José Tomás. CMRH Coruña. 2008
• As serpes cegas. Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí. BD Banda. 2008.
• Galiza acorda. Carlos Sardiña e María Xesús Arias Rei. Radiofusión. 2008
• Tolos. Xosé Tomás. Universidade da Coruña, 2008
• A conta atrás. Carlos Portela, Sergi Sanjulián. Faktoría K de Libros, 2008
• O boneco. Miche Alzéal. Faktoría K de Libros. 2008
• Os amigos de Archimboldo Roque. Jacobo Fernández. Faktoría K de Libros. 2008
• Home Sweet Home. Eduardo Galán. El Patito Editorial/Feima. 2008
• Os cinco narradores de Bagdad. Vehlmann e Duchazeau. Faktoría K de Libros 2008
• Os compañeiros. A orde da pedra. Miguelanxo Prado. El Patito Editorial-Feima. 2008
Series
• Purgatorio. Marcial Martínez Bascoy. Urco Editora. 2009
• Gallaecia. Miguel Ángel Vigo Baleirón e Iván Rodríguez Arós. Urco Editora. 2008
• Aventura no camiño de Santiago. Primitivo Marcos. El Patito Editorial. 2008
• Bícame Profe. Kazuma Kodaka. Do Cumio. 2008
• Historias da Galiza. Carlos Rafael e VVAA. Difusora. 2008
• Palmira e Marcial, odisea medioambiental. Fran Bueno. Xunta de Galicia 2007
• Chu chu. Kike Benlloch. Polaqia 2007
• Trasmallo: O tesouro de Carraxe. Gochi. Cerditos de Guinea 2008
• Trasmallo e a Santa Compaña. Gochi. Cerditos de Guinea 2007
• Os Barbanzóns: A noite de Samaín Pepe Carreiro. Toxosoutos 2005
• Os Barbanzóns: No solpor da prehistoria Pepe Carreiro. Toxosoutos 2004
• Os Barbanzóns: Baroña ou morte Pepe Carreiro. Toxosoutos 2003
• As aventuras de Maxi Torres.Terra Libre. Fran Jaraba. Xerais. 2008.
• As aventuras de Maxi Torres. Campos de Cuba Fran Jaraba. Xerais 2004
• As aventuras de Maxi Torres. Cita na Habana. Fran Jaraba. Xerais 2000

EN CASTELÁN
Publicacións periódicas
• Tiras cíclicas. Humor corrosivo para paladares selectos. Davida. A.C. Fuck Cómics. 2010
• BD Banda (revista semestral). Varios autores. Asociación Cultural BD Banda desde 2007
• Carne líquida (números 1 a 7). Varios autores. Desde 2002
• Cabezudo (dous números). Martín Romero. Autoeditado. 2005
• La patrulla caspa (números 1 e 2). Varios autores. 2004-2007
• ETT (1 e 2). Varios autores. Desde 2007
Monográficos
• North Wind. David Digilio e Alex Cal. El Patito Editorial. 2010
• De sangre y ron mi cuba. Fran Jaraba. Glénat. 2010
• Peter Petrake. De los años 70 al siglo XXI. Miguel Calatayud. El Patito Editorial. 2009
• El monte de las ánimas. David Rubín. SM. 2009
• Amadís de Gaula. Ricardo Gómez e Emma Ríos. SM. 2009
• Hexed. Michael Alan Nelson e Emma Ríos. El Patito Editorial. 2009
• El Dios Mofeta. Diego Blanco. Autoeditado. 2009
• Harry Pórrez y el as en la manga de Condermort. Bernardo Vergara y Víctor Rivas. Ediciones El Jueves. 2009
• Mensajes. Mariano Casas. El Patito Editorial. 2009
• Los compañeiros. La orden de la piedra. Miguelanxo Prado. El Patito Editorial 2009
• Luces / Farwest. Mariano Casas. Auteodición. 2009.
• Marcopola la isla remera. Jacobo Fernández. Bang! Ediciones. 2009
• El Corazón de los árboles. Miguel B. Núñez. Polaqia 2009
• Cuimhne. El Fuego Distante. Kike Benlloch e José Domingo. Dolmen. 2008
• Las serpientes ciegas. Bartolomé Seguí y Felipe Hernández Cava. BD Banda 2008
• Estampas malignas. Alfons Figueras. El Patito Editorial. 2008
• Romeo y Julieta. David Rubín. SM 2008
• Tirante el blanco. Miguel Porto. SM 2008
• Cuaderno de Tormentas. David Rubín. Planeta de Agostini. 2008
• Watman. David Buceta. FX Gràfix. 2008
• Alter Ego. Alberto Vázquez. Bizancio. 2008
• Law&Co. David Braña. Seventeen Cómics/FX Gràfix. 2008
• DOS. Primeros síntomas. David Braña. Editorial Drakul. 2008
• Gorka. El Viento de Odei. Carlos Portela, Sergi Sanjulián, Fernando Iglesias. Dolmen Editorial. 2008
• Prime Time Holocausto. Álvaro López. Polaqia. 2008
• Doctor Mortis. Alfons Figueras. El Patito Editorial. 2008
• Tierra Libre. Fran Jaraba. Xerais. 2008
• Los cinco narradores de Bagdad. Vehlmann e Duchazeau. Faktoría K. 2008
• Rara Avis. Benlloch e Suárez. Polaqia 2008
• La Cuenta Atrás. Carlos Portela e Sergi Sanjulián. Faktoría K. 2008
• Napoléon est Mort. La Campaña de su Vida. Matías Membiela Pollán, Horacio Vernet. Camiño do Faro. 2008.
Series
• Aventura en el Camino de Santiago. Primitivo Marcos. El Patito Editorial. 2008
• Los Babilonios. Sesé Mosquera. Saure 2008
• Los Pintapiedras. Sesé Mosquera. Saure 2007
• Los heresiarcas 1: El alma hueca Carlos Portela e Das Pastoras. Norma Editorial 2003
• Los heresiarcas 2: Los caminos invisibles. Portela e Das Pastoras. Norma Editorial 2006 • Las nuevas aventuras de Esther. Carlos Portela e Purita Campos. Glénat 2006
• Las nuevas aventuras de Esther 2. Carlos Portela, Purita Campos. Glénat 2008
• Las historias de Mariano 3. Mariano Casas. Autoeditado 2008
• Las historias de Mariano 2. Mariano Casas Autoeditado 2007
• Las historias de Mariano. Mariano Casas Autoeditado 2005
• A prueba de balas (3 números) Enma Ríos. Polaqia 2003-2005
• Tierra Libre. Fran Jaraba. Xerais. 2008.
• Campos de Cuba Fran Jaraba. Xerais 2004
• Cita en la Habana. Fran Jaraba. Xerais 2000
Tamén hai títulos dos Barbanzóns en castelán


Noutros idiomas:
Inglés
G.I.JOE Operation Hiss #1 Brian Reed e Alex Cal. IDW. 2009
G.I. Joe Origins. Chuck Dixon e Alex Cal. IDW. 2009
Strange. Mark Waid e Emma Ríos. Marvel 2009
Wolverine: Revolver. Das Pastoras e Victor Gischler. Marvel 2009
Ramen-o-Rama en Popgun. David Rubín. Image 2009 Ç
Runaways 10. Emma Ríos e Christopher Yost. Marvel 2009
The Stand-in. Alex Cal e Jim Krueger. Ardden Entertainement. 2009
Marvel Assistant-Sized Spectacular 1. D-man. Xurxo Penalta e Brian Patchett. 2009
Fear Agent. Xurxo Penalta e Rick Remender. Dark Horse. 2009
Wolverine: Switchback. Das Pastoras e Joseph L. Clarck. Marvel 2008
Hexed. Emma Ríos e Michael Alan Nelson. Boom! Studios. 2008
Spider-man 24 hours. Alex Cal. Marvel 2008
Noble Causes. Jay Faerber, Fran Bueno. Image 2005-2008
North Wind. David DiGilio, Alex Cal. Boom 2007
Francés
Hors d' atteinte. David Rubín. Rakcham 2008
Le Manoir des Murmures David Muñoz, Tirso Cons, Javi Montes. Humanoïdes Associés 2007
Le Manoir des Murmures 2 David Muñoz, Tirso Cons, Javi Montes. Humanoïdes Associés 2008
Dayal de Castaka. Jodorowsky, Das Pastoras. Humanoïdes Associés 2007
Italiano
La sala da tè dell’orso malese. David Rubín. Tunué 2009
Dove nessuno può arrivare. David Rubín. Tunué 2007
Checo
Čajovna u malajského medvěda. David Rubín. Sýpka. 2009

Do mesmo xeito, a maior parte da ampla obra de Miguelanxo Prado pode atoparse en múltiplas edicións en todo o mundo.

Onde coñecelos: Os festivais
Malia á escasa forza industrial (que non creativa) do sector, Galicia conta cun dos festivais de BD máis importantes do Estado canda ao Saló del Còmic de Barcelona. Viñetas desde o Atlántico congrega cada mes de agosto na Coruña, desde 1998, máis de 60.000 persoas e un bo feixe de autores de prestixio internacional. Exposicións, presentacións e actividades cunha orientación especialmente divulgativa fan deste evento, que dirixe Miguelanxo Prado, un referente fundamental. A unha escala moito menor, as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense serven desde hai dúas décadas como un punto de encontro fundamental para autores e afección galega cada mes de outubro. Ao tempo, permiten dar a coñecer o traballo de novos autores e facilitan as relacións con creadores foráneos, especialmente de Portugal e España. Outros encontros como Pontevedra e, especialmente, Cangas, están a consolidarse coma citas de importancia para os afeccionados do país.
Web das Xornadas de Ourense
O Salón de Cangas

Apoio institucional:
Nos últimos anos a BD galega está a contar, por vez primeira cun apoio institucional por parte do Goberno da Xunta. A presenza con stands unitarios en salóns internacionais (Barcelona, Angoulême) e dentro de espazos xenéricos (Boloña, Frankfurt, Guadalaxara A Habana) quere promover o coñecemento internacional dos nosos autores. Exposicións actuais e históricas, produtos multimedia e outros traballos de divulgación xeral compleméntanse con accións en sectores concretos. Formación e achega de fondos a bibliotecas e centros de ensino, proxectos con librarías e a convocatoria das primeiras bolsas de apoio á creación de BD amosan o principio dun camiño que busca a consolidación dunha industria galega neste campo.
Canda ao apoio autonómico diferentes concellos (A Coruña, Cangas, Ourense, Pontevedra, Compostela, Rianxo, Moaña, Valadouro, Arteixo...) ou deputacións manteñen apostas puntuais por este medio apoiando xornadas ou certames. Nese sentido destaca a convocatoria do Premio Castelao desde a Deputación da Coruña. Pola súa banda o Consello da Cultura Galega creou, a través o portal culturagalega.org, un espazo na rede específico dedicado á banda deseñada que conseguiu converterse nun referente informativo.

Premios:
A existencia de premios, aínda que puntual, supuxo nos últimos vinte anos unha vía fundamental para potenciar o traballo dos autores. Neste sentido os certames que foron xurdindo desde as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense xa desde os primeiros anos 90 conseguiron, malia ás mudanzas de nome, unha continuidade e un nivel destacado que na actualidade se reflicte no seu primeiro premio,que outorga 3.000 euros a unha historia curta. A maiores, desde 2005 o Premio Castelao de Banda Deseñada favorece a creación e publicación anual dunha obra longa cunha dotación de 6.000 euros. Os traballos premiados están a conseguir, ademais, unha certa proxección exterior con traducións ao español. Canda a estes, pequenos certames coma o de Cangas ou o do Valadouro manteñen as oportunidades para novos autores. A última aposta neste sentido son as Axudas de Apoio á creación da Consellaría de Cultura, que buscan facilitar a aparición de obras longas.
Os concursos de BD na nosa sección certames

Colectivos:
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración está a se amosar nos últimos anos coma o referente que agrupa no seu seo boa parte dos autores galegos de BD. Canda a ela, os colectivos de autoedición e representantes de festivais e de bibliotecas, a Consellaría de Cultura promoveu a creación da Mesa pola BD, un punto de encontro onde se debaten as accións de apoio ao sector.
Web da AGPI

Bibliotecas:
Malia a que escaso numericamente, o traballo encol da banda deseñada no ámbito bibliotecario que se está a desenvolver nas bibliotecas municipais da Coruña, Gondomar ou Moaña está a amosar as posibilidades que ten este medio á hora de chegar ao público. Os centros coruñeses están a participar nunha rede ibérica de bibliotecas que buscan potenciar e integrar axeitadamente a novena arte. Canda a eles, está en proxecto a creación dunha Bedeteca en Compostela da man da Consellaría de Cultura no marco da Biblioteca Pública Ánxel Casal.
Blog das bibliotecas da Coruña
Web da Biblioteca do Porriño A nosa ficha da Biblioteca González Garcés
Web da Biblioteca Ánxel Casal
Reportaxe sobre as bibliotecas galegas e a BD

Máis información e contactos:
O referente fundamental de información sobre a banda deseñada galega é Soportal BD do web Culturagalega.org. Esta é unha canle especializada na que se poden atopar novas, reportaxes e un completo catálogo da produción e autores galegos, tanto actual como histórica. A maiores, unha boa mostra dos traballos dos autores e artigos de opinión completan unha oferta que contribúe en boa medida ao despegue desta arte desde a súa creación en 2001. En paralelo, nos últimos anos están a se multiplicar os webs e mais os blogs persoais nos que distintos autores amosan os seus traballos e explican proxectos. A nivel audiovisual, en 2008 o documental 35 anos de historieta galega (2008) fai un resumo da evolución da novena arte no país mentres Na procura da besta segue o poceso creativo dun grupo de creadores.
Máis textos sobre BD:
O noso tema sobre historia da BD galega
Reportaxe sobre a evolución da BD galega a partir do ano 2000