Do 16 ao 22 de agosto de 2004 celebrarase na Coruña a nova edición de Viñetas desde o Atlántico. Unha ducia de exposicións repartidas nos espazos habituais dos últimos anos voltarán a encher de cadriños a cidade brigantina tentando tanto os afeccionados como todo o público en xeral.
No cartel da séptima edición do festival coruñés de banda deseñada destaca Nicolas de Crécy, un debuxante francés que traballa tanto na animación como na BD. Dotado dun trazo solto e moi expresivo, ten feito curtametraxes e colaborado en diversas ocasións con Sylvain Chomet, o director da aclamada "Benvidos a Belleville". Este último escribiu ademais os guións para o cómic debuxado por De Crécy que máis se coñece en España, a tetraloxía "Léon La Came" publicada en Planeta-De Agostini.
A representación galega ven da man de Fernando Iglesias que estará en persoa e contará cunha exposición monográfica retrospectiva de toda a súa carreira. Poderanse ver as novas páxinas de "Impresións da illa" así como outros traballos de prensa, o humor gráfico que asina baixo o seudónimo de "Orballo" no Diario de Pontevedra. A mostra incluirá entre outros os orixinais feitos para a revista Elipse, así como as portadas dos álbumes "H2Oil" e "Mmmh!!". Iglesias verá dous traballos publicados en "Viñetas desde o Atlántico", senllas historias curtas no Barsowia nº3 e mais na nova entrega de Dos Veces Breve ("O clube do medio pezón" con guión de Portela). Ademais doutros proxectos, o debuxante arousán prepara con Carlos Portela "un álbum tipo vidas cruzadas" ambientado na súa Vilagarcía de Arousa natal, protagonizado por un grupo de rapaces novos e que seguramente publicará Edicions de Ponent.
Ana Miralles é unha ilustradora española coñecida en toda Europa con obras como "Eva Medusa" e "Djinn", e ven subliñar a presenza femenina co seu traballo e coas protagonistas das súas historias. A guionista italiana Bárbara Canepa, que colabora co deseñador Alessandro Barbuci no magazine "Witch", refrenda esta contribución a Viñetas desde o Atlántico 2004 nun sector predominantemente masculino.
Silver e o tándem Idígoras y Pachi visitará A Coruña co seu humor feito viñetas. Silver, alias de Guido Silvestri, é un veterán autor italiano que leva décadas dándolle vida a Lupo Alberto e á tola granxa na que o lobo azul vive. Idígoras e Pachi tamén fan rir aos seus lectores, especialmente coa saga "Pascual, mayordomo real" que se serializa no semanario "El Jueves". Exporanse os seus orixinais de "La verdadera historia de los Borbones".
Do mercado americano, os superhéroes como Hulk e Daredevil arribarán coa presenza do guionista Bruce Jones e mais co artista canario Javier Pulido, debuxante de Batman e do "Robin: Year One". Tamén está convidado Vicente Segrelles, un dos clásicos do cómic épico nos oitenta co seu "Mercenario".
Ademais do programa oficial, nas tradicionais casetas dos Xardíns de Méndez Núñez poderanse comprar novos cómics feitos por autores galegos. Entre eles, o primeiro número de "Hotel Diablos" de Javier Prieto, o fanzine "Nuevo orden" (Alberto Vázquez, Jano, Brais Rodríguez e outros), as máis recentes entregas de "BD Banda" -a publicación galega nominada este ano aos premios do Salón de Barcelona-, á parte da revista Dos Veces Breves cun especial de creadores de Galicia, entre os que se contan Kiko da Silva e Manel Cráneo.
O colectivo de creadores Polaqia terá en Viñetas desde o Atlántico polo menos tres novos cómics. Emma Ríos Maneiro, coa colaboración de Pablo Pérez nos guións e de Álvaro López no deseño gráfico, presentará a segunda entrega da súa triloxía "A prueba de balas". Co mesmo formato que o número 1, contará ademais con ilustracións feitas ex profeso por Víctor Rivas, Carlos Llauger e Miguel Porto. Pola súa banda Álvaro López escribe e debuxa "El jardín atómico", unha historia fechada que verá a luz baixo o selo galego tamén no transcurso do evento. En formato comic-book e con pin-ups de Luís Sendón, o autor dá así o salto do fanzine á imprenta presentando un relato estructurado en capítulos autoconclusivos. Por último, tanto Emma Ríos como Álvaro López contribúen á publicación conxunta de Polaqia, o "Barsowia" nº3 no que ademais aparecerán as sinaturas habituais, como Diego Blanco, Sergio Covelo, David Rubín, Iván Suárez ou Ken Niimura.