» banda deseñada »  autores
guitian.jpgRodríguez Guitián, Alberto
Lugo  1974   
Teléfono: 609 029 062 /
Enderezo electrónico: guititex@yahoo.es



Alberto Guitián
Debuxante
É un dos principais autores galegos profesionais de BD. Guioniza e debuxa unha serie propia titulada "Malas pulgadas" que se publica semanalmente na revista "Mister K" (ed. El Jueves) desde o primeiro número da mesma (outubro de 2004).
Foi monitor nas Semanas de Banda Deseñada. No verán do 2001 coordinou a mostra colectiva "Microclimas" e confundou a galería de arte Wootelo (con sé en Lugo) e mais o colectivo creativo homónimo.
Foi o responsábel da publicación do fanzine "Kedeké" a comezos dos anos noventa. Ademais, ten colaborado en publicacións galegas como "O Fanzine das Xornadas", "Ovo", "Bambán", "Golfiño" (segunda etapa) e "Semana de Banda Deseñada". A súa bedegrafía expándese por cabeceiras de renome galegas, españolas e lusas como "Bíblia", "TMEO" ou "Mono gráfico". Afincado en Barcelona, tamén contribúe aos novos proxectos de cómic galego como "BD Banda" e "Barsowia".

Palmarés
Gañador de numerosos galardóns nas convocatorias da Xunta de Galicia, tamén foi premiado polo Injuve (Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de España) e no II Salão da Caricatura de Vila Real (Portugal). Mereceu un accésit no IV Certame Ourense de BD (1994) por "Lar". Tamén no 94 se lle concedeu un accésit no Concurso Galego de Caricaturistas Noveis da II Bienal da Caricatura de Ourense. Mereceu un accésit no XI Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 95 por "Lacazán". Concedéuselle o 3º premio no II Certame Galego de Imaxe Artística - Xuventude 2001, modalidade BD, categoría de 23 a 30 anos. Accésit na categoría de banda deseñada dos premios do INJUVE en 2003. Pola historia Microorganismo feo levou ou segundo premio da categoría A do IV Certame de Imaxe Artística 2003.

Formación específica
Licenciado en Belas Artes pola facultade de Pontevedra.
publicacións
Álbum
Petaco
Guionista, Debuxante,
Álbum
Petaco
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Viralatas
Guionista, Debuxante,
Álbum
Fito e Pita
Guionista, Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.2
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Retranca
Guionista, Debuxante, Deseño gráfico,
Revista ou comic-book
Barsowia
Guionista, Debuxante, Portadista,
Álbum
H2Oil
Debuxante, Guionista, Deseño gráfico,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Semana da banda deseñada
Debuxante,
Fanzine
Craneofilia
Ilustrador,
Revista ou comic-book
Ovo
Debuxante,
Fanzine
Kedeké
Debuxante, Direccion,
Fanzine
Nicasso
Debuxante,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Guionista, Debuxante,


  Noticias relacionadas

Un ciclo analiza a identidade de Santiago de Compostela na NUMAX
Publicado o 9 / 4 / 2024
A aldea desmedida desenvolve catro encontros entre abril e setembro deste ano
A XIII xeira de FalaRedes achega 150 actividades
Publicado o 4 / 4 / 2024
O programa de dinamización lingüística para a mocidade inclúe música, teatro, monicreques ou obradoiros de banda deseñada
O arquivo do Pazo de Froián pasa a mans do CSIC
Publicado o 13 / 3 / 2024
A doazón achega unha ducia de caixas de documentación histórica sobre este monumento de Sarria
Identidade á carta II: Galería de barallas galegas
Publicado o 8 / 3 / 2024
Repasamos unha trintena de propostas que achegan elementos da nosa cultura ao formato naipe
O hórreo romano de Proendos será visitable
Publicado o 24 / 9 / 2021
É a estrutura de almacenamento de cereal máis grande do noroeste para ese período
Vistas da bandeira
Publicado o 23 / 7 / 2021
Artistas da ilustración amosan as súas perspectivas sobre o pavillón do país nunha exposición na Coruña
Falece Santos Sancristobal, fundador do Museo Catedralicio de Mondoñedo
Publicado o 10 / 7 / 2020
O canónigo cultivou a literatura e a pintura ademais da investigación histórica e artística

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org