A partir da idea de Otero Pedrayo de que Santiago de Compostela é a aldea máis grande de Galicia, a compostelá sala NUMAX presenta o ciclo A aldea desmedida. Coa idea de conversar sobre a cidade a partir de "exemplos de (re)construción da memoria e estereotipos sobre a mesma", este programa desenvolverá desde este 11 de abril e ata o vindeiro mes de setembro catro encontros nos que tamén se pretende dar pistas "sobre posibles futuros" para o conxunto.
A actividade, comisariada pola cooperativa MaOs e con apoio da Deputación da Coruña, bota a andar o xoves 11 de abril ás 20:30 horas co encontro A cidade lembrada: voces na construción da memoria urbana. No mesmo a antropóloga Beatriz Busto e a historiadora Encarna Otero falarán sobre a construción da memoria local e dos esterotipos sobre o lugar a partir de cinema, literatura, o NO-DO ou a televisión.
Na seguinte sesión, prevista para o 23 e maio, Jorge Guitián e Claudia Polo achegarán unha perspectiva sobre a conexión entre gastronomÃa e consumo responsable e a capacidade transformadora da alimentación baixo o lema A cidade comida: nutrirse en tempos de cemento. En xullo, a guÃa MarÃa Otero Romanà e a arquitecta MarÃa Novas abordarán unha análise da cidade desde unha perspectiva de xénero co tÃtulo A cidade (de)construÃda: estruturas arquitectónicas e estruturas de poder o dÃa 11.
O ciclo fecha o vindeiro 12 de setembro coa intervención de Fran Quiroga, investigador transdisciplinar e de Iago Carro, arquitecto e investigador urbano, que tratarán a cuestión A cidade que pode ser: participación e asociacionismo na imaxinación do futuro. A asistencia aos encontros será libre ata completar capacidade e cada unha das sesións preséntase cunha bibliografÃa asociada para afondar nos temas tratados.