A conmemoración do traballo do artista Xose Vizoso no vindeiro Día da Ilustración 2025 (30 de febreiro) xa ten programa e contido. A Xunta de Galicia presentou o abano de actividades a realizar nas bibliotecas de xestión autonómica. A programación está composta por unha exposición, un vídeo, obradoiros, sesións de narración oral ou mostras bibliográficas sobre a traxectoria deste artista natural de Mondoñedo. A peza central deste programa é a mostra 'Xosé Vizoso: o neno que debuxou un cabalo', que se inaugurará na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura o 30 de xaneiro, e que permanecerá aberta ata o vindeiro 12 de maio. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Anxo M. Lorenzo destacou a colaboración da Xunta coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, tanto na organización da exposición como na creación do vídeo arredor do homenaxeado, cuxo guión foi feito por Alberto Guitián. En canto á parte gráfica, salientou ao artista Luís Sendón, creador do cartel deste ano, e, ademais, destacou que por vez primeira a celebración recoñece o traballo dun artista en vida.
Narración oral, mostras e obradoiros nas catro provincias
Ademais da mostra, o sábado, 1 de febreiro, a Biblioteca de Galicia acollerá, desde as 17,00 horas, o obradoiro 'Monstros. Un obradoiro para poñer os pelos de punta' dirixido a rapaces de 7 a 11 anos, mentres que, o día 15, Yago García celebrará a actividade 'Aprende forma liña e cor a través do traballo de Xosé Vizoso', ás 17,30 horas.
Na Biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela, a programación prevista inclúe unha sesión de contacontos o sábado 25, a partir das 12,00 horas, para nenos de entre 3 e 8 anos e un obradoiro de cómic para adultos o día 28, ás 18,00 horas. Esta entidade tamén acolle ata o 28 de febreiro a mostra bibliográfica 'Gravado, ilustración, deseño e humor gráfico en Galicia'. Por outro lado, a rapazada de 6 a 12 anos poderá asistir o mércores, 29 de xaneiro, ás 18,30 horas, ao obradoiro 'Misterio na biblioteca: creación dun conto ilustrado'. Mentres que, o día 30, Pakolas ofrecerá o seu espectáculo Cores, contos e rock coa Ramona pequena, a partir das 18,00 horas.
Mostras bibliográficas e obradoiros na Furgoteca
A Biblioteca pública Miguel González Garcés da Coruña contará cun obradoiro o día 25, ás 12,00 horas, para rapaces de 6 a 12 anos. O centro acollerá dúas mostras bibliográficas, A figueira lingoreteira e outras obras ilustradas, aberta ata o 31 de xaneiro, e Cómics con premio, que se poderá visitar ata o 7 de febreiro.
Xa na provincia de Lugo, a biblioteca xestionada pola Xunta ofrece, o venres 31, o obradoiro Ilustrándonos a cargo de Noemí López, ás 18,00 horas. Nesta actividade para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos daranse as pautas para elaborar un retrato. Esta entidade acollerá ata o 28 de febreiro unha mostra en homenaxe ao autor. Ademais, A Furgoteca ofrecerá o xoves 30 o obradoiro Ilustrando tarxetas co estilo Vizoso, ás 11,30 horas.
A Biblioteca pública Nós de Ourense, pola súa banda, celebra esta efeméride coa mostra de libros ilustrados Libros para ver, que se poderá ver na Sala Infantil ata o 31 de xaneiro. A programación complétase cun obradoiro a cargo de Sarabela, para maiores de 12 anos, o día 25, a partir das 12,00 horas, e a sesión de contacontos Debullando Lendas Galegas, o sábado 1 de febreiro, ás 11,00 horas. As dúas rutas da Furgoteca nesta provincia ofrecerán cadansúas propostas. Así, por un lado a biblioteca móbil que percorre a zona sur contará co pasatempo divulgativo Ilustrando con Xosé Vizoso, mentres que a de Ourense occidental ofrecerá o obradoiro Atelier creativo.
En Pontevedra, a Biblioteca pública Antonio Odriozola ten previsto unha programación para todos os públicos na que se inclúen obradoiros de ilustración, sesións de contacontos e unha mostra bibliográfica dedicada á figura do homenaxeado. O 24 de xaneiro, a partir das 18,00 horas, os cativos de 8 a 12 anos poderán participar nunha actividade de debuxo, mentres que, o día 31, ás 18,00 horas, poderán darse cita na sesión de narración oral a cargo de Polo Correo do Vento. Para o público que se achegue a este centro o sábado, 1 de febreiro, está previsto o Obradoiro de ilustración científica con Carmen Vega, a partir das 11,00 horas.
A Biblioteca pública Juan Compañel de Vigo, pola súa banda, celebra esta data con dúas mostras bibliográficas, Xosé Vizoso: a palabra debuxada no cotián e Ilustrando o inverno, que permanecerán abertas ata o 8 de febreiro. O xoves 30 ás 18,00 haberá unha sesión de narración oral para rapaces de 4 a 12 anos, mentres que o día 1 de febreiro haberá outro contacontos, a partir das 12,00 horas. Ademais, todos os sábados durante o curso escolar esta entidade ofrece o Obradoiro de banda deseñada que imparte María Vilar, ás 12,30 horas.