Como el mesmo di con humor "despois de tentalo numerosas veces", conseguiu vivir do debuxo humorístico en 2000. Desde entón fai viñetas ininterrompidamente e ten traballado para xornais como La Voz de Galicia, para revistas satíricas como El Jueves e para as desaparecidas publicacións infantís Mister K e Golfiño. Tamén contribuiu a revistas como Rockdeluxe, xornais como A Peneira e Trevim, e fanzines como Monográfico.
Palmarés
Segundo premio no Salão de caricatura de Vila Real (Portugal 2000). Tamén en Vila Real obtivo unha mención de honor (2001) e mais o terceiro premio (2002). Primeiro premio no II Certamen de Tira Cómics (Irún 2001).
Finalista no concurso de humor Curuxa Gráfica (2002, 2004).
Terceiro premio no I Concurso de Humor Gráfico (Sober, Lugo 2003).
Mención no Festivale Internazionale de Italia (Roma 2003).
Formación específica
Diplomado pola Escola de Artes Ramón Falcón de Lugo na especialidade de deseño grafico e ilustración (1997).
publicacións
Revista ou comic-book
Retranca
Guionista,
Debuxante,
Álbum
H2Oil
Guionista,
Debuxante,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista,
Debuxante,
Noticias relacionadas