» banda deseñada »  autores
abraldes.jpgAbraldes Rendo, Juan Carlos
Barcelona  1971   
Abraldes
Debuxante
Traballou en diversos eidos artísticos até que se estableceu como colaborador habitual de La Voz de Galicia, participando ademais en proxectos como "Xatentendo.com", "Golfiño" (segunda etapa) e "H2Oil". Foi cofundador do Estudio Tangaraño con Fran Bueno e outros artistas e tamén é coñecido como caricaturista. Ten debuxado para libros de texto e para publicacións como "Tempos", "Azul y Blanco" ou "Compostelán". Traballou en producións de animación como "O bosque animado" e "O rei Quintín".

Palmarés
Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1998 da Casa da Xuventude de Ourense por "España vai...". Como caricaturista foi premiado na II e V Bienal da Caricatura de Ourense, e como autor de cómic gañou o 3º premio do XII Concurso Galego de BD coa historia "Película en branco e negro". Tamén foi galardoado no Concurso de Cómic Juventud 98, no certame de humor gráfico da Casa do Humor de Fene e no I Certame galego de Imaxe Artística (2º premio da categoría de 22 a 30 anos).

Formación específica
Diplomado en Artes Aplicadas pola Escola de Artes Mestre Mateo (Santiago de Compostela).
publicacións
Álbum
H2Oil
Debuxante,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Debuxante,


  Noticias relacionadas

Cans celebra o seu XX aniversario cun "Canciños Fest" para cativos
Publicado o 24 / 3 / 2023
O festival inaugurara a súa vixésima edición en maio coa proxección de 'Honeymoon' de Enrique Otero
Corenta autores colaboran con Yolanda Castaño na primeira BD poética galega
Publicado o 18 / 10 / 2018
Xerais publica O puño e a letra que escolma 40 poemas da autora
Veteranos artistas da beira do Mississippi no Festival de Jazz e Blues de Pontevedra
Publicado o 13 / 6 / 2018
Presentouse hoxe o programa da 26ª edición
Abraldes achega A Tumba do Terror á lingua galega
Publicado o 18 / 10 / 2016
Fosfatina revisita o personaxe de Teen Wolf nun volume colectivo
Blanca Riestra faise co Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia
Publicado o 8 / 7 / 2016
Noire Compostela é a primeira incursión da autora na literatura en galego
Jacobo Fernández e Carlos Giménez serán editados en galego
Publicado o 7 / 9 / 2012
Marcopola, a illa remeira e o integral 36-39. Malos tempos sairán en outono
Cineuropa crea a sección Panorama Galiza na que exhibirá filmes galegos
Publicado o 31 / 10 / 2008
O festival contará coa presenza dunha ducia de directores para favorecer o debate tralas proxeccións

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org