Jacobo Fernández e Carlos Giménez serán editados en galego

Marcopola, a illa remeira e o integral 36-39. Malos tempos sairán en outono

Capa da edición francesa de <i>Marcopola</i>
Capa da edición francesa de Marcopola
Xerais continúa coa súa aposta na banda deseñada. Logo de anunciar a adaptación a novena arte de Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, a editora tirará este outono o primeiro volume Marcopola, a illa remeira, obra de Jacobo Fernández que xa saíra en castelán e francés e que terá continuidade na editora galega. A estes proxectos súmase o longamente demorado Baixo a sombra das pedras flotantes de Kiko Da Silva e máis unha novela gráfica na que colaboran Diego Ameixeira e Abraldes. Pola súa banda, El Patito Editorial anuncia a publicación na nosa lingua do volume integral de 36-39. Malos tempos, de Carlos Giménez, tamén este outono.