Logo de dez novelas en castelán, a escritora coruñesa Blanca Riestra inicia con bo pé a súa incursión no galego como lingua literaria. A autora acaba de gañar o Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia con Noir Compostela, unha obra de xénero negro ambientada na capital do paÃs e escrita en galego. O galardón, dotado con 9.000 euros, inclúe a publicación da obra por capÃtulos no xornal galego durante o mes de agosto acompañada das ilustracións de Juan Carlos Abraldes.