O Festival de Cans, que este ano celebrará a súa vixésima edición do 16 ao 20 de maio, organiza esta mesma fin de semana no Porriño o "Canciños Fest", un novo certame que nace coa intención de achegar o cinema en lingua galega ás máis pequenas e pequenos celebrando así este especial aniversario do evento. As instalacións do Círculo Recreativo Cultural de O Porriño acollerán este sábado 25 e domingo 26 de marzo os contidos audiovisuais que os pequenos da casa poderán desfrutar coas súas familias, curtametraxes e longametraxes de animación, obradoiros e actividades relacionadas co cinema e coa lingua galega. Este encontro dos máis cativos co cine en galego ten entrada de bale e conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Esta novidade chega tamén coa presentación dos primeiros avances da que será o XXº aniversario do festival. O 18 de maio comezará a que será a edición máis longa, que pasa de catro a cinco días de duración e contará con moitas sorpresas e novidades. A primeira será a apertura do evento coa proxección do filme "Honeymoon", de Enrique Otero na sesión inaugural do certame, o xoves 18 de maio. A presentación da película, que terá lugar en Cans antes de chegar ás salas de cinema, estará apoiada polos protagonistas da mesma, Nathalie Poza e Javier Gutiérrez, e por outras actrices e actores galegos que forman parte do filme, como María Vázquez ou Antonio Durán "Morris". "Honeymoon", está producido por Control Z, Accamedia Productions e Televisión de Galicia, conta a historia de Eva (Nathalie Poza) e Carlos (Javier Gutiérrez) un matrimonio en destrución ao que so mantén unido o recordo do seu falecido fillo Jonás que acaba de morrer nun accidente a miles de quilómetros de distancia. Sen cartos para recuperar o corpo do seu fillo, o matrimonio emprende unha viaxe de destino incerto para tratar de traer de volta o cadáver. O filme chegará a Cans despois do seu paso, con moi boas críticas, polo Festival de Málaga. O festival presentou tamén a imaxe e as camisolas da XX edición, realizada por Pablo Rodríguez de Rei Zentolo, un dos patrocinadores do festival.
Películas para os 'canciños'
O novo certame para a cativada comezará este sábado, desde as 17,00 horas, cunha sesión de curtametraxes de animación para o público infantil, con cinco curtametraxes que pasaron por diversas seccións do Festival de Cans ó longo dos seus vinte anos de historia. Nesta sesión poderán verse "O Soldadiño de chumbo" de Virxinia Curiá e Tomás Conde, "O Xigante" de Luis da Matta, "Man", sobre o alemán Man de Camelle, dirixida por Juan Carlos Abraldes ou "A nena que tiña unha soa orella" de Álvaro León. Tamén "A flor máis grande do mundo", curtametraxe dirixida por Juan Pablo Etxeverry, a partir dun relato do Nobel de Literatura José Saramago. O domingo 26 de marzo, de novo haberá unha sesión de cine ás 17,00 horas, nesta ocasión coa longametraxe de animación para nenos "Maimiño" de Ernesto Padron, coproducida entre Cuba e Galicia. E ao rematar, será a quenda dos contadores de Polo Correo do Vento; cun espectáculo de música e narración oral titulado "Unha historia do cinema en Galicia", no que achegarán ás pequenas e pequenos de xeito.