Pepe O Inglés |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Pepe O Inglés
Pepe ten unha querencia por todo o inglés -a ironía, os modais- que, sendo tamén moi galego, non se sabe moi ben de onde lle ven. Rexenta un taller de reciclaxe onde ademais fai pequenos inventos co seu axudante Suso. Completan o elenco Lola -a dona da tafona local-, Negreira -taxista amante das rancheiras-, e Pilar -urbanita que se muda a vivir a carón do taller de Pepe-. Creada e dirixida por Zopilote e protagonizada polo grupo Chévere. 28 capítulos. O capítulo piloto, en DVD de 40´ e co subtítulo Cada cousa ten o seu aquel, está no préstamo do CGAI.

Ficha artística
Axudante de dirección: / José Manuel Quiroga
Dirección: / Carlos Ares / Xosé Castro / Andrés Mahía
Guionista: / Carlos Ares / Xosé Castro / Andrés Mahía
Intérpretes: / Xosé Bonome / Paula Carballeira / Manuel Cortés / César Goldi / Miguel de Lira / Patricia de Lorenzo / Marta Pazo / Marta Pazos / Xesús Ron / Carmen Sotelo / Pepo Suevos / Carolina Vázquez / Estíbaliz Veiga / Marcos “PTT” / José Luís López “Sacha”
Música: / Piti Sanz

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo / Centro Galego de Arte Contemporánea
Produtora / Servicios Audiovisuales CTV S.A. / Zopilote S.L.

Titulo orixinal: Pepe O Inglés
Tipo: Serie
Xénero: Comedia de situación
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 50'
Orixe: Galicia
Ano: 2005
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 29.548 €

Galería de imaxes | VER AS 10 fotos de Pepe O Inglés

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org