Música
Nome completo: Vicente Luís Sanz Muñoz
Un dos máis prolíficos compositores e intérpretes musicais para as artes escénicas e o audiovisual galegos. Cunha ducia de obras de teatro musicadas, é tamén o autor da banda sonora de películas ("Mataharis"), teleseries ("Terra de Miranda"), documentais ("A palabra no tempo") e curtametraxes de directores como Alfonso Zarauza ou Jorge Coira. Ten feito ademais a música para promocións de Internet e videocreacións de danza contemporánea. Confundador dos grupos Sindicato Agrario e Los Contentos, foi músico en discos de Siniestro Total e Los Enemigos.
Premios e recoñecementos: Galardonado nos Premios María Casares, na categoría de mellor música para teatro, nas edicións de 1999 (Finismundi Circus de Mofa e Befa), 2000 (Ñiki Ñake de Ollomoltranvía) e 2001, e finalista en 1999 e 2002. Vencedor no Premio de Maquetas de Radio Cadena Española. Finalista nos Premios Chano Piñeiro 2002 e Mestre Mateo 2003, mesmo ano no que gañou (tiña dúas candidaturas) na categoría mellor música orixinal con Entre bateas. Tamén foi finalista nos Premios AGAPI 1999. Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor música orixinal por A noite que deixou de chover, traballo desenvolvido conxuntamente con Iván Laxe. Un tandem que repetiu nos Premios Mestre Mateo 09 cando recibiron o premio a mellor música orixinal polo seu traballo en O Nordés e de novo en 2011 por 18 comidas.
Formación específica: Realizou os Cursos de Música aplicada e de Zanfoña promovidos pola Deputación de Lugo. Participou no curso de Julio Estrada "Invención Musical e Debuxo" en maio de 1991 e no II Congreso de Expresión e Arte celebrado en decembro do mesmo ano.
FILMOGRAFÍA
- Engurras (2011)
- 18 comidas (2010)
- Memoria do nacionalismo galego (2009)
- O Nordés (2009)
- A noite que deixou de chover (2008)
- Os Atlánticos (2008)
- Palíndromo (2007)
- Selección galega. Setenta anos despois (2006)
- Pepe O Inglés (2005)
- O derradeiro chanzo (2004)
- Muxía, política na costa da Morte (2003)
- Entre bateas (2001)
- 092 (2001)
- Terra de Miranda (2001)
- Fútbol modesto (2001)
- Un mundo de historias (2000)
- O río tén mans (2000)
- A ollada asolagada (A palabra no tempo) (2000)
- A reverencia ao sol (A palabra no tempo) (2000)
- Lugar de Teixido (A palabra no tempo) (2000)
- Amor Serrano (1999)
- ¿A ti como se che di adeus? (1999)
- Os outros feirantes (1989)
Videos | Ver 1 videos de Piti Sanz
Arquivos de audio
-
B.S.O. Mataharis - Esa luz -
Piti Sanz, Sergio Moure e Nani García falan de BSOs -
Czero -
Terra de Miranda (cabeceira) -
Terra de Miranda 2007 -
Terra de Miranda 2007 -
Terra de Miranda 2007 -
B.S.O. A palabra no tempo. Visións -
B.S.O. A palabra no tempo. Mouros e tesouros -
B.S.O. A palabra no tempo. Off 1 -
B.S.O. A palabra no tempo. A ollada asolagada -
B.S.O. A palabra no tempo. Embarcacións -
B.S.O. A palabra no tempo. O país da auga -
B.S.O. A palabra no tempo. Sintonía
Galería de imaxes | ver As 7 fotos de Piti Sanz
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Piti Sanz (16)
Data: 26 / 6 / 2023
Quico Cadaval estrea "O Auto do Castromil" en Santiago
Data: 9 / 11 / 2020
Piti Sanz presenta S4N7 un novo disco e proxecto musical
Data: 21 / 12 / 2017
Trece bandas renovan a banda sonora para estas festas en 'Nada(L)'
Data: 5 / 7 / 2017
Producións Teatrais Excéntricas leva o Premio de Honra da MIT
Data: 11 / 3 / 2016
Chega a Compostela Os amores de Jacques o fatalista