Carlos Ares / Guionista

Carlos Ares

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Carlos Ares
Carlos Ares
Guionista
Nome completo: J. Carlos Ares Pérez
A Coruña 1966   



Guionista que ten desenvolvido a maior parte do seu traballo en televisión. Con Xosé Castro e Andrés Mahía fundou Zopilote S.L., produtora que creou e fixo os guións de diversos formatos: series televisivas de ficción como “Mareas Vivas” telecomedias como “Pepe o Inglés” ou concursos de humor como “O Rei da Comedia” ou programas baseados en sketches como “Air Galicia”. Ten escrito para numerosas series, desde a animación “Goomer” até o suspense de “As Leis de Celavella”. Foi un dos creadores, argumentista e editor da serie “En el Aire” para a Televisión Valenciana. Coprodutor executivo dos documentais “Selección galega. 70 anos despois”, (da que tamén é codirector xunto a Diego Méndez), “Labregos do Mar” e “Vogando”. Ten experiencia en produción executiva e en dirección. Nomeado presidente da Asociación Galega de Guionistas (AGAG). Presidente da Academia galega do Audiovisual no período 2015-2019.

Premios e recoñecementos: Mellor guión nos primeiros premios AGAPI por "A Familia Pita".


FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Carlos Ares

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Carlos Ares (15)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org