O gandeiro Xildo mata o seu veciño Severo pola disputa dunha vaca. Ao enterro chega Rai, fillo da vítima, que se sente atraído por Val, unha das fillas do asasino. Val será inducida polo seu pai a relacionarse con Rai, para averiguar se el coñece a identidade do homicida. Pero entre Rai e Val xorde un verdadeiro amor, un amor que é unha ameaza para todos. Produción comercializada en formato DVD con audio en galego. DVD dispoñible no CGAI. Palmarés: Seleccionada no Festival Spanish Cinema Now de Nova York (2004). Única produción española na Sección Oficial do Festival de Berlín (2004). Participou tamén noutros festivais como os de Valladolid, Miami, Toronto e Nantes, neste último acadou o Premio do Público e o de Mellor Actriz para Marta Etura. Premio ao mellor guión e á mellor interpretación feminina protagonista nos Mestre Mateo 04. |
Ficha artística
Dirección:
/
Manuel Gutierrez Aragón
Guionista:
/
Ángeles González-Sinde
/
Manuel Gutierrez Aragón
Intérpretes:
/
Alfonso Agra
/
Rosa Álvarez
/
Celso Bugallo
/
Víctor Clavijo
/
Juan Diego
/
Marta Etura
/
Clara Lago
/
Manuel Millán
/
Santi Prego
/
Gonzalo Rey Chao
/
Luís Tosar
/
Xosé Lois Bernal “Farruco”
/
Xosé Manuel Olveira “Pico”
Montaxe:
/
José Salcedo
Produción:
/
Pancho Casal
/
Gerardo Herrero
Produción Executiva:
/
Gerardo Herrero
Ficha técnica
Distribuidora
/
Baños Films
/
Biblos Clube de Lectores
Préstamo
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora
/
Continental Producciones, S.L.
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
Tornasol Films, S.A.
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: La vida que te espera
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 105'
Orixe: Galicia
Ano: 2004
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Alemán e inglés
Dobrada: Galego (3 copias)
Orzamento: 2.462.330 €
Espectadores: 167.757
Porcentaxe subvencións: 795069,01 %