Produción
Nome completo: Francisco Casal Vidal
A Coruña 1955
Web propia
Un dos máis activos productores de Galicia. A través de Continental, firma constituída en 1990, participou nunha ducia de longametraxes como “Sei quen es” ou “Os luns ó sol”, en máis de 400 spots publicitarios, telefilmes (“Entre bateas”), e teleseries (“Rías Baixas”). Promotor da AGAPI, foi ademáis relator no Congreso dos Deputados na tramitación da Lei do Cine, en 2001. Comezara a súa carreira en 1982 en asociación con Xavier Villaverde. Formou parte das directivas de diversas agrupacións de productores a nivel español.
Premios e recoñecementos: Continental Producciones ten participado cos seus filmes e spots en decenas de festivais, entre os que se poden citar Berlín, San Sebastián, Montreal, Valladolid, e Los Ángeles. Entre os recoñecementos acadados por obras participadas por Continental cóntanse once nominacións e un premio Goya, vinte premios AGAPI, unha Concha de Ouro en San Sebastián, e unha preselección para os Óscars.
Formación específica: Master en producción cinematográfica EAVE (programa MEDIA) (1995)
FILMOGRAFÍA
- O sexo dos anxos (2012)
- Xente con xente (2011)
- Lapsus (2010)
- Regina Verbum (2010)
- Eduardo Barreiros, o Henry Ford español (2010)
- A billa (2010)
- Galadas (2009)
- 13 badaladas (2009)
- Ruta 66 (2009)
- Abrígate (2008)
- Os Atlánticos (2008)
- O espello (2008)
- O soldadiño de chumbo (2008)
- Unha muller invisible (2007)
- O gran camiño (2007)
- Concursante (2006)
- Heroína (2005)
- Maridos e mulleres (2005)
- ¿E por que? (2005)
- A vida que che espera (2004)
- Para que non me esquezas (2004)
- Un rei na Habana (2004)
- Aguiño, sobrevivir ó Prestige (2003)
- Trece badaladas (2002)
- O alquimista impaciente (2001)
- Sei quen es (1999)
- A rosa de pedra (1999)
- Cando volvas ó meu lado (1999)
- Fisterra (1998)
- A familia Pita (1997)
- Continental (1989)
Videos | Ver 1 videos de Pancho Casal
Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Pancho Casal
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Pancho Casal (24)
Data: 24 / 10 / 2011
A utopía posible
Data: 13 / 10 / 2011
Continental presenta wecoop, unha plataforma crowdsourcing para contidos audiovisuais
Data: 10 / 8 / 2009
As produtoras buscan apoio da TVG e do IGAPE ante a crise do sector audiovisual
Data: 26 / 5 / 2009
Cómics galegos no iPhone
Data: 4 / 10 / 2007
Dolores Ben repite á fronte da Asociación Galega de Produtoras Independentes