Valeria, unha rapariga arxentina descendente de galegos, trasládase a vivir a unha vila da provincia da Coruña para reencontrarse coas súas orixes e consigo mesma. Coñecerá unha serie de persoas diversas e fascinantes a raíz da desaparición do seu amante Yves, acontecida a noite de San Xoan.
Toda a película está rodada respectando o idioma natural dos personaxes, galego, español, porteño. A versión española mantén os diálogos en galego, só subtitulándoos. Filme rodado en Betanzos e na Coruña. Preestrea 23/5/08. Palmarés: Premio á mellor actriz para María Bouzas, premio do público e premio especial de TVE, na XIII Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida. Beneficiaria do primeiro fondo Raíces. |
Ficha artística
Dirección:
/
Ramón Costafreda
Dirección artística:
/
Curru Garabal
Dirección de produción:
/
Carlos Amoedo
Dirección fotografía:
/
Jesús Escosa
Guionista:
/
Fernando Castets
/
Ramón Costafreda
Intérpretes:
/
María Bouzas
/
Celso Bugallo
/
Amalia Gómez
/
Félix Gómez
/
Javier Lombardo
/
Luisa Merelas
/
Manuela Pal
/
Pepo Suevos
/
Luís Zahera
Maquillaxe:
/
Raquel Fidalgo
Montaxe:
/
Guillermo Represa
Música:
/
Arturo Vaquero
Produción:
/
Pancho Casal
/
Antonio Chavarrías
/
Juan Vera
Produción Executiva:
/
Carmen de Miguel
Ficha técnica
Produtora
/
Continental Producciones, S.L.
/
Oberón cinematográfica
/
Pol-Ka
Titulo orixinal: Abrígate
Tipo: Longametraxe
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 90'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego e castelán (8 copias en Galicia)
Recadación: 60.884 €
Espectadores: 11.018