As produtoras buscan apoio da TVG e do IGAPE ante a crise do sector audiovisual

Continental aparca a produción de ficción para centrarse na animación e videoxogos

A crise económica global e o atraso na resolución das axudas da Axencia Galega das Industrias culturais están a pasar factura ao sector audiovisual. Alomenos así o defende Pancho Casal, vicepresidente do Clúster Audiovisual Galego, ao asegura no Faro de Vigo que a crise é “moi grave” e afecta principalmente á longametraxes de ficción. Ademais, o responsable de Continental afirma que a produtora coruñesa está reorientando a súa estratexia en función da crise para centrarse nas liñas de animación e videoxogos e aparcando a produción de ficción. Non é o único caso, outras empresas como Milou Films cuestionan a adxudicación das axudas, con contías elevadas entre poucos beneficiarios. As produtoras esperan agora un maior apoio por parte da TVG e a ampliación da liña de crédito que facilita o IGAPE para poder facer fronte á situación.