Dezaseis filmes reparten as axudas á produción da AGADIC

As axudas á produción e coprodución audiovisual distribúen 2 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Seis longametraxes de ficción, dúas documentais cinematográficas e outras tres televisivas, tres curtas, unha miniserie de ficción e unha serie de animación infantil son os proxectos que contarán co apoio das axudas á produción e á coprodución audiovisual da Axencia Galega das Industrias Culturais. A AGADIC facía onte públicos os resultados desta convocatoria, que distribúen case dous millóns de euros entre 16 proxectos. Das iniciativas que conseguen fondos son as producións Trote de Frida Films, coa que debutará Xacio Baño como director de longametraxes e As troitas cantan ao amencer, de Alexia Muíños con Abano Producións, as que acadan máis fondos, con 258.897 euros cada unha. Longa noite, de Eloy Enciso, Feedback, de Pedro C. Alonso, Arima, de Jaione Cambordaou ou Aquilo que arde de Óliver Laxe son outras iniciativas que conseguiron apoio económico.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eloy Enciso, Xacio Baño, Documentais, Animación...