Cómics galegos no iPhone

Continental adapta para o terminal de Apple a serie Quotidanias de Miguelanxo Prado

26/5/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Arte
1 lecturas | Compartido 0 veces

No iPhone de Apple poderanse ler bandas deseñadas galegas. O director de Continental, Pancho Casal, acaba de confirmar que a compañía está a desenvolver unha aplicación que permitirá ter acceso no terminal a unha escolma de bandas deseñadas feitas por Miguelanxo Prado. “Será un cómic animado no que os globos de texto aparezan por fundido, con música e con efectos de sons co obxectivo de facer máis doada a súa lectura”, matizaba o director de Continental. O proxecto chámase Comic dixital para IPhone - Quotidianias de Miguelanxo Prado e adapta para o coñecido teléfono, a serie (Quotidania delirante) que Prado realizou durante varios anos para o magazine El Jueves.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos