Preséntase a primeira BD de Miguelanxo Prado para iPhone

Unha adaptación de Quotidiania Delirante estrea o formato IMotion Comic

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Unha versión de Quotidiania Delirante, de Miguelanxo Prado con animacións, sons e efectos multimedia é a primeira obra de BD galega adaptada para iPhone. O edificio Emprendia da Universidade de Santiago de Compostela acollía esta mañá a presentación da obra, que se poderá adquirir en máis de setenta países mediante a Apple Store e que tamén está dispoñible para iPod Touch. O proxecto estrea o formato IMotion Comic, creado polas produtoras galegas Continental Games e Costa Oeste.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Universidade de Santiago de Compostela