Prado participa nun simposio sobre Galicia en Borgoña, mentres Rubín vai como convidado ao Salón de Getxo

Imos de encontros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
“Galicia nas miñas obras” é o título da intervención que Miguelanxo Prado realiza hoxe no encontro que sobre a identidade galega se está a desenvolver na Universidade de Borgoña, en Dijon. No mesmo encontro Guy Abel aborda impartirá unha conferencia sobre a obra deste autor co título “De Miguel Ángel a Miguelanxo”. Ademais, Antonio Domínguez-Leiva tamén tocará tamén o traballo de Prado na súa intervención “Reescritura da Barbarie: De ‘Quotidiania Delirante’ a ‘A lingua das bolboretas’”. Pola súa banda, o ourensán David Rubín acudirá ao Salón de Getxo convidado pola editora vasca Astiberri, onde axiña ha ver a luz o seu novo álbum. Entre o dous e o catro de decembro, Rubín asinará exemplares no posto desta editora.

Máis información no blog Brétemas, no web do Salón de Getxo e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, David Rubín, Identidade, Astiberri...

Claves

Conceptos
Lugares