Os directores cataláns David e Álex Pastor están a traballar nunha película de imaxe real para a gran pantalla a partir do cómic Trazo de Xiz de Miguelanxo Prado. Pero non é o único traballo de Prado que está pendente da súa adaptación ao medio audiovisual. Voz Audiovisual recibirá 30.000 euros da a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para o desenvolvemento do proxecto de A mansión dos Pampín, mentres que Continental Televisión recibirá 20.000 euros para a adaptación para teléfonos móbiles da serie Quotidianías, que Prado fixo para El jueves.