Miguelanxo Prado mergúllase no audiovisual con dúas longametraxes

Desembarco Prado

“De profundis” e “A biblioteca da iguana” son os dous proxectos audiovisuais nos que está a traballar o debuxante de banda deseñada Miguelanxo Prado. Non é a primeira vez que Prado se inicia no mundo do audiovisual no que realizou tanto “Os vixilantes do camiño” como o exitoso “Xabarín”. “De profundis” será a súa primeira longametraxe de animación na que fai unha homenaxe ao mar que ten prevista a súa estrea para outubro do 2006. Para este proxecto, no que se aliou con Nani García que comporá a música, creou a productora Desembarco, mentres que a distribución e venda da película é responsabilidade de Continental. Polo demais “A biblioteca da Iguana” forma parte do proxecto de TVG de crear películas de televisión baseadas en contos de escritores. Nesta produción, Prado será o guionista, creará o story-board e realizará labores de direción.

Máis información sobre “De profundis” na súa ficha