Miguelanxo Prado avanza en Madrid o seu proxecto de animación “De Profundis”

“De profundis”

3/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Aínda que a produción se presentará en outubro na Coruña, o debuxante de cómic Miguelanxo Prado, avanzou onte en Madrid a primeira mostra do que será “De profundis”. Trátase dunha atípica longametraxe de animación 2D onde a música composta por Nani García ten case a mesma importancia que as imaxes debuxadas por Miguelanxo Prado. Neste singular proxecto de animación, a Sinfónica de Galicia será quen ademais de interpretar, produza parte da música. O filme producido por Continental Produciones, poderá verse posiblemente en dez meses tanto en TVE como na TVG, as dúas cadeas que apoiaron o proxecto.

Máis información sobre a produción no noso tema e na súa ficha

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Animación, Madrid, Culturagalega...

Claves

Conceptos
Lugares