IB Cinema inicia a rodaxe da súa primeira longametraxe de animación mentres Miguelanxo Prado ultima a súa

Animación longa

O sector de animación vístese de longo. Desde que en 2001 Dygra iniciara a produción con “O bosque animado”, este xénero non parou de medrar. Os últimos traballos chegan da produtora IB Cinema e do polifacético creador Miguelanxo Prado. No primeiro caso porque estes días comeza a rodaxe de “Dentro de cada un de nós”, a curtametraxe que servirá de “teaser” (un avance da película e máis breve que un trailer) de “Linko Killer Machine”, a súa primeira longametraxe do xénero de animación. Por outra banda, falta menos para a estrea da ópera prima de Miguelanxo Prado “De profundis” prevista para mediados de outubro. E a Fundación Caixa Galicia acaba de anunciar que exhibirá doce óleos e corenta acuarelas e debuxos do artista, ou o que é o mesmo, as obras orixinais que deron orixe á película. A exposición poderase ver na sede pontevedresa da Fundación unha vez que se estree a película.

Máis información en El Ideal Gallego e nas fichas de “De Profundis” e “Linko Killer Machine”