Sara |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Sara
A trama principal do filme transcorre entre unha parella de alto nivel social e económico na que a muller sofre malos tratos psíquicos e físicos. Sara (Laura Conejero) está casada con Daniel (Manuel Barceló) un profesor da Universidade que ao atoparse coa presión de obter a súa Cátedra en estudios medievais comeza a maltratala. Sara pertence a unha clase social acomodada na que ese tipo de circunstancias ocultanse tralas apariencias, e así ela vive o seu drama en silencio. Este foi o primeiro telefilme rodado en galego. Comercializado en DVD con audio en galego. DVD dispoñible no CGAI.

Ficha artística
Dirección: / Silvia Quer
Intérpretes: / Manel Barceló / Manuel Botana / María Bouzas / Paco Campos / Sonia Castelo / Laura Conejero / Juanjo Guimarey / Ana Lizarán
Produción: / Ignacio Benedeti
Produción Executiva: / Xosé Zapata

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / Ignacio Benedeti Cinema S.L. / La Voz de Galicia
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Alea TV / Bausan Films, S.L. / Ignacio Benedeti Cinema S.L. / Televisió de Catalunya (TV3) / Televisión de Galicia (TVG)
Sonorización, locución e dobraxe / Son do Tagalem SLU

Titulo orixinal: Sara
Tipo: Longametraxe
Xénero: Película feita para TV
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 90'
Orixe: Galicia-Cataluña
Ano: 2002
Idioma V.O.: Galego
Dobrada: Castelán, catalán

vIDEOS | VER todos os videos de Sara  (1)

Galería de imaxes | VER AS 5 fotos de Sara

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org