Manuel Botana
Actor
Nome completo: Manuel Álvarez Botana
Intérprete de teatro desde 1966, ten representado ducias de obras até a actualidade. Dobrou en língua galega e castelá entre 1985 e 1999 e tamén tivo experiencia como director de dobraxe. No audiovisual comezou como actor en 1986 ás ordes de Chano Piñeiro en Sempre Xonxa e durante as dúas décadas seguintes ten traballado case ininterrompidamente en teleseries, telefilmes, curtametraxes e longametraxes como Extraños (I.Uribe, 1998) ou El Rey del Río (G.Aragón, 1993), sumando unha vintena de producións para cinema e televisión.
Premios e recoñecementos: Curso de interpretación, de oito meses de duración, impartido por Cristina Dominguez (respiración, interpretación, fonética).

FILMOGRAFÍA
- Outro máis (2011)
- Fútbol de alterne (2010)
- Sixty tolos (a golpe de single) (2009)
- Efectos secundarios (2007)
- A arañeira, Galicia en guerra (2007)
- Libro de familia (2004)
- Somne (2004)
- Sara (2002)
- Secuestrados en Xeorxia (2002)
- Ilegal (2002)
- Inútil (2001)
- Fíos (2001)
- Blanca Madison (2000)
- A familia Pita (1997)
- Pratos combinados (1995)
- A lei da fronteira (1995)
- A lenda da doncela (1995)
- Atlántico express (1993)
- Unha de romanos (1989)
- Galego (1987)
- Redondela (1987)