Actriz
Nome completo: Sonia Castelo Pérez
Ferrol 1968
Unha das máis prolíficas actrices galegas de TV. Comezou como presentadora de informativos na TVG (1989-91). O primeiro gran éxito da súa carreira foi “Mareas Vivas” (1998-2000) para a TVG, canle na que despois protagonizaría outra teleserie, “Rías Baixas”. Ten traballado para todas as canles privadas estatais en diversas produccións, desde series de ficción ata culebróns. O seu debut nas longas produciuse en 2002 cun filme para cine (“Divertimento”) e un telefilme (“Condenado a vivir”). É actriz e directora de dobraxe desde 1992.
Formación específica: Levou a cabo dous cursos de interpretación, un dirixido por Xulio Lago e outro por Luís Iglesia, así como un terceiro chamado “El actor en el cine”, con Assumpta Serna. Realizou tres cursos de ortofonía e dicción, outro de canto e voz, e mais un curso-taller de contacontos.
FILMOGRAFÍA
- O elixido (2009)
- O club da calceta (2008)
- Galicia, cruce de miradas (2007)
- Motivos personais (2005)
- Sara (2002)
- Un paso adelante (2002)
- Contagotas (2001)
- Tanto ten (2000)
- Divertimento (2000)
- Policías, no corazón da rúa (2000)
- A verdade se non minto (2000)
- Rías Baixas (1999)
- O Comisario (1999)
- Nada é para sempre (1999)
- A píntega (1999)
- Mareas vivas (1998)
Videos | Ver 3 videos de Sonia Castelo
Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Sonia Castelo
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Sonia Castelo (6)
Data: 29 / 5 / 2017
Os Cans de pedra pasan para as súas casas
Data: 13 / 9 / 2016
A película Sicixia de Ignacio Vilar competirá no Festival Cinespaña de Toulouse
Data: 27 / 4 / 2010
O elixido e A nena que tiña unha soa orella gañan o festival de curtas de Sada
Data: 20 / 5 / 2009
O Teatro Jofre de Ferrol acolle hoxe a estrea do Club da Calceta
Data: 26 / 5 / 2005
As televisións son os principais clientes dos estudos de dobraxe do país