Produción
Nome completo: Ignacio Benedeti Corzo
Caracas (Venezuela) 1959
Web propia
Produtor e experto en cine de animación clásico, é o máximo responsable e fundador de I. B. Cinema. Este seu estudio dedícase ao cinema tanto nos eidos da produción e exhibición de producións propias como na distribución de producións alleas e material arquivado. Conta con máis de cinco mil títulos en 35 e 16 mm, amén dun verdadeiro museo de artefactos cinematográficos e precinematográficos. En cine xa ten producido longametraxes e telefilmes, ademais de curtas galardonadas internacionalmente, nun labor que abrangue tanto imaxe real como animación, así como audiovisual de síntese dixital. Entre os títulos de curtametraxes cóntanse Onde vaga Leslie Howard: San Andrés de Teixido e Vixilia Pascual na Coruña, ambas de 2012.
Formación específica: Ciencias da Infomación na Universitat Autònoma de Barcelona. Posgrao de Experto Universitario en Guión de Cine na Universidade Camilo José Cela.
FILMOGRAFÍA
- Linko (2013)
- Toñito Blanco, só, perdido e vicioso (2013)
- Contra a morte (2012)
- Crepúsculos outonais coruñeses (2011)
- Semana Santa Coruñesa de 2011 (2011)
- De que rin as hienas? (2011)
- Vicenta (2010)
- Mercado de futuros (2010)
- Ramón (2010)
- Noite de Cine 2010 (2010)
- 2010: A Coruña en Super-8 Kodachrome (2010)
- Estigmas (2009)
- Rodilla (2009)
- Grazas (2009)
- Desasosego (2009)
- A miña vida nas túas mans (2009)
- A illa de Chelo (2009)
- O Güerepork (2008)
- Dentro de cada un de nós (2007)
- Historia do A Nosa Terra (2007)
- Pic-Nic (2007)
- As Encrobas. A ceo aberto (2007)
- Nenos que nunca existiron (2007)
- O ataque dos kriters asasinos (2007)
- Pensando en Soledad (2006)
- J.E.D.N. José Ernesto Díaz-Noriega (2006)
- Mártires (2005)
- Máxima pena (2005)
- Unha viaxe rodada (2005)
- Acceso libre (2005)
- Mellor viaxar (2005)
- A casa da miña avoa (2005)
- Minotauromaquia (2004)
- Carcamáns (2003)
- Sincopado (2003)
- Delta (2003)
- O agasallo de Silvia (2003)
- O trasto (2002)
- Sara (2002)
Arquivos de audio
-
Ignacio Benedeti presenta Vicenta -
Ignacio Benedeti presenta Ramón
Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Ignacio Benedeti
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Ignacio Benedeti (6)
Data: 11 / 1 / 2011
A diversidade marca a presenza galega nos finalistas aos Goya deste ano
Data: 4 / 8 / 2008
Segue en directo a rodaxe de Linko no sitio web da película
Data: 17 / 6 / 2008
Culturagalega.org comeza un ciclo de proxeccións das producións de IB Cinema
Data: 10 / 3 / 2005
Dygra, Filmax e Ignacio Benedeti presentan os seus proxectos no Cartoon Movie de Berlín
Data: 17 / 9 / 2004
O Consorcio audiovisual de Galicia pon en marcha unha nova edición do catálogo de curtas