BerlÃn acolle desde hoxe unha nova edición do Cartoon Movie, un dos foros especializados en animación. AlÃ, os representantes das productoras dos paÃses da UE presentan os seus proxectos cinematográficos para os vindeiros anos. Entre as dez produccións estatais que asistirán ao certame destaca a participación de Dygra, que leva tres proxectos: “O soño dunha noite de San Xoán”, da que ofrecerá unha proxección de 20 minutos ademais dos visionados oficiais; “O espÃrito do Bosque” continuación da primeira longametraxe feita pola productora coruñesa e “Noite de paz”, unha comedia de Nadal para un público familiar. Pola súa parte, o selo de animación de Filmax, a empresa que dirixe Julio Fernández, trasládase ata a capital alemana para presentar “Gisaku”. Completa a participación galega, a produtora Ignacio Benedeti Films que leva o proxecto da que será a primeira longametraxe de animación "Linko Killer Machine".
Consulta a listaxe de participantes no web do Cartoon Media (en inglés)