O audiovisual galego está en Alemaña por partida dobre. Por unha banda está nun dos festivais de cine máis importantes do mundo, a Berlinale, e pola outra, estará en Postdam no mes de marzo no festival de animación. En BerlÃn faino a través de dúas producións. Unha fóra de concurso (de Patricia Ferreira “Para que non me esquezas”-Continental- que se presenta hoxe) e outra na sección competitiva. Trátase de “Galatasaray-Dépor” na que traballa Miguel de Lira, que se desprazou onte ata a cidade alemá para asistir á presentación oficial. Pola outra banda, no mes de marzo, Postdam acolle o Cartoon Movie 2005 no que dos 19 proxectos que se presentan, cinco son galegos: Donkey Xote, O soño dunha noite de San Xoán, Nouturna, Pica Pica Circus e P3k Pinocho 3000.
Máis información sobre a presenza galega na Berlinale nesta nova, sobre “Galtasaray-Dépor” na súa ficha e sobre o Cartoon Movie no seu web e consulta as fichas de “O soño dunha noite de San Xoán” e Pinocho 3000