O Festival de Cine de Ourense abrirá a súa programación coa longametraxe Galatasaray-Dépor

Partidos de cine

18/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Nunca un partido de fútbol dera tanto que falar. A coprodución de Filmanova que recolle catro historias que se suceden arredor da final Champions League entre o Galatasaray de Estambul e o Deportivo da Coruña abrirá a décima edición do Festival de Cine de Ourense (12 ao 19 de novembro). A película, dirixida por Hannes Stöhr, viuse anteriormente na Berlinale, un dos festivais de cine máis prestixiosos do mundo. O resto do programa, segundo fontes da organización, aínda se está a confeccionar e darase a coñecer nas vindeiras semanas.

Máis información sobre o festival no Festival e sobre a produción na súa ficha

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Ourense, Berlinale...