O dÃa 4 de maio chegan as carteleiras galegas dúas producións con participación galega. Dunha banda está “Galatasaray-Dépor” realizador alemán Hannes Stöhr (“BerlÃn is in Germany”) que coproduce Filmanova e na que conta catro historias coa final da liga de Campións como telón de fondo. Da outra está “Un franco, catorce pesetas” (coproducida por Adivina Producións) na que Carlos Iglesias, fillo de emigrantes galegos, contou con Isabel Blanco para contar a vida dun inmigrante en SuÃza baseándose na súa propia experiencia. Outros coñecidos intérpretes galegos como Fely Manzano e Miguel de Lira completan o reparto do filme.
Máis información sobre "Onde day in Europe" na súa ficha en AVG