“Un franco, 14 pesetas” chega ás carteleiras galegas despois da pre-estrea de “Galatasaray-Dépor”

Partidos a 14 pesetas

5/5/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As carteleiras galegas acollen hoxe “Un franco, 14 pesetas”. Un filme no que o actor Carlos Iglesias achega unha peculiar ollada sobre a emigración. Isabel Blanco e Feli Manzano son algunhas das actrices galegas que participaron nesta coprodución de Adivina. Falando de estreas, A Coruña acolleu onte a presentación de “Galatasaray-Dépor”, a última longametraxe na que participou a produtora coruñesa Filmanova. Unha película que aproveita un feito histórico, o final da Liga de Campións que xogou o Deportivo, para abordar as diferenzas entre Oriente e Occidente. A película chegará ás carteleiras o día 19 deste mes e contará con tres copias en galego.

Máis información sobre “Galatasaray-Dépor” en AVG e La Voz de Galicia; e sobre “Un franco, 14 pesetas” en AVG e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AVG, Culturagalega, La Voz de Galicia, Filmanova...