Dygra opta ser Mellor Produtora Europea no festival de animación Cartoon Movie

Novos soños

23/2/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A produción de Dygra “O soño dunha noite de San Xoán” segue a colleitar premios. O último é a candidatura pola que a produtora opta a ser “Mellor Produtora Europea”. As súas rivais son a francesa M6 Studio por “Asterix and The Vikings", a sueca TV-Loonland and Happy Life Animation por “Pettson and Findus” e a británica Aardman Animation co traballo “Wallace & Gromit: A maldición das verduras”. O resultado saberase ao final do foro Cartoon Movie 2006 que terá lugar en Postdam (Alemaña) do 9 ao 11 de marzo.

Consulta a ficha de “O Soño dunha noite de San Xoán”

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dygra, San Xoán, Animación, AVG...

Claves

Lugares